Datos dos ficheiros editar

Ola Xandepardo, grazas por subires ficheiros á Galipedia.

Porén, tódolos ficheiros subidos deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregados nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.

Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):

{{Information

|Description= Descrición do ficheiro (que é?, onde foi feito?...) que facilite o seu emprego na Galipedia.
|Source= Ligazón ou cita á fonte de onde se colleu o ficheiro, se o ficheiro é de autoría propia debe expresarse.
|Author= Nome do autor do ficheiro.
|Date= Data en que se fixo o ficheiro.
|Permission= Características da licenza (dominio público, GFDL, compartir igual,...).
|other_versions= Ligazóns a outras versións do mesmo ficheiro (se houbera).
}}

En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.

Como incorporar os datos que son precisos aos ficheiros?
Como incluír os datos que se che requiren cando vas subir un ficheiro?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Descrición:. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a ficha do ficheiro.
Como incluílos cando un ficheiro xa foi subido?
Accede á túa lista de imaxes. Fai clic sobre o ficheiro que desexes editar para lle variar a información que contén.
Xa estás na páxina da ficha do ficheiro, fai clic na pestana Editar que está na parte superior.
Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres chaves.
Garda a páxina

Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios).

Graciñas, un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 15 de marzo de 2014 ás 09:40 (UTC)Responder

Conflito de intereses editar

Ola Xandepardo.

Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 15 de marzo de 2014 ás 11:39 (UTC)Responder

Política de uso de imaxes editar

Ola de novo.

Por favor, lee: Wikipedia:política de uso de imaxes.

Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 15 de marzo de 2014 ás 12:17 (UTC)Responder

Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Xosé Duncan.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Xosé Duncan.jpg, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outras imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes.--. HombreDHojalata.conversa 15 de marzo de 2014 ás 17:48 (UTC)Responder