Benvido(a) á Galipedia Wiki 9SIC. Esta mensaxe é para avisalo que marquei a imaxe que cargou de Monbus para borrar. Quen carga imaxes na Galipedia debe dispoñer dos dereitos sobre esas imaxes. Sería o caso dunha fotografía realizada por vostede mesmo, por exemplo dun autobus situado na rúa (mellor se non aparecen persoas claramente identificables). Se carga imaxes doutros como esta de Monbus a imaxe acaba borrándose e se a carga non se fai por un erro senón conscientemente considérase un engano adxudicarse a autoría do que é doutro. En canto ao artigo teña en conta que a Wikipedia non é un directorio de empresas e puidera darse o caso de que tamén o artigo fora marcado para borrar. Se necesita axuda pode solicitala nesta páxina Wikipedia:A Taberna (axuda) ou pedila a algún usuario que estea no wiki cando vostede está editando. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:27, 27 de marzo de 2012 (UTC)