Benvido á Galipedia. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Agardamos que esteas a gusto colaborando con nós e para calquera cousa non dubides en preguntar, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 15:43, 14 xaneiro 2006 (UTC)

  • Únome ao saúdo de benvida, sempre apreciamos a chegada de novos colaboradores. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:09, 14 xaneiro 2006 (UTC)
  • Ola, moi benvido. Á parte da benvida, dicirche que para artigos traidos do portugues, póidoche pasar un tradutor (de balde, por suposto).Pódesmo pedir aqui: [[1]]. Saúdos & benvido. --XoseL 20:49, 14 xaneiro 2006 (UTC)

Orixe descoñecida

editar
 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Projecto Mourente orgulho2007 NataliaCordeiro 2.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Projecto Mourente orgulho2007 NataliaCordeiro 2.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Lmbuga Commons - Galipedia 17:14, 13 decembro 2007 (UTC)

Imaxes sen datos

editar

Ola Tremo72, grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Paso a explicarche os datos que fan falla e como incorporalos

¿Que debes indicar?

De onde procede a imaxe

  • Se a imaxe é dunha páxina Web, é obrigado colocar un enlace (ligazón) ao lugar exacto do que se recolle a imaxe. Sexa cal for a orixe dunha imaxe, en devandita orixe ten que poñer que se permiten as obras derivadas e o uso comercial. Se no sitio web non aparecen expresos estes conceptos a imaxe poderá ser borrada por violación dos dereitos de autor.
  • se a imaxe é da túa propia autoría, indícao claramente (escribe elaboración propia, eu son o autor...). Se o obxecto que fotografías ten os dereitos de autor restrinxidos (portada dun CD, de libros, programas de tele, pósters,...), a túa foto tamén ten eses dereitos restrinxidos (Tes máis información en Commons:Obras derivadas) e non se pode subir á Galipedia.
  • se a copiaches doutra Wikipedia, coloca un enlace exacto á páxina da imaxe orixinal. Non abonda con dicir que a imaxe se tomou doutra Wikipedia; é necesario indicar o lugar exacto. Ten en conta tamén que algunhas outras Wikipedias, como a inglesa, admiten imaxes baixo a cláusula de fair use que aquí non son aceptables por cuestións legais.

¿Cal é a licenza da imaxe?

Se é unha obra derivada doutra imaxe ou foto, é posible que teñas que poñer a mesma licenza que tiña a imaxe orixinal.
  • No caso de que sexa copiada dalgún sitio, debes poñer a licenza que nese sitio tiña. Se non sabes a licenza que ten no lugar orixinal, pregúntame indicándome a orixe.

Todas as imaxes que se soben á Galipedia e a Commons deben permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Pero hai máis matices, por iso é polo que hai varias posibles licenzas. A licenza {{PD}} coloca a imaxe no dominio público sen restricciones. En poucas palabras, a licenza {{GFDL}} obriga a que, se se utiliza a imaxe se nomeen os datos que esta ten (autor, lugar de onde se obtivo,...).

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede ás túas fotos.
  • Unha vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Recorda que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses ({{PD}},...)
  • Garda a páxina

¿Como indicalo cando vas subir unha imaxe?

No momento da subida hai unha caixa na cal podes escribir que pon Descrición. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto

A cousa como ves non é doada. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dúbida. Un cordial saúdo.--Lmbuga Commons - Galipedia 17:15, 13 decembro 2007 (UTC)

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa

editar

Ola Tremo72. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 16 de outubro de 2015 ás 12:08 (UTC)Responder