Benvido/benvida! Agremon


Gracias, a verdade é q xa levaba unha semana por aquí pero non me decidira a rexistrarme. Espero que estedes aí para corrixir a un novato ;) Traballad arrobayahoopuntoes


Por aquí estaremos; os veteranos tamén necesitamos corrección.Agremon

O de Física Teórica vai ben, e facía falta seguir. Agremon

Gracias, pero parei porque me atorei un pouco e non tiña máis tempo :-) A ver se sigo un día destos libres do verán. Traballad

Estás a facelo moi ben (é unha opinión). Eu... fago o que podo mentres esto é pequeno.Agremon

Agora notarás a interface un pouco diferente do que era antes; cambiaron dende USA (é un proeceso que se controla dende alí) e aumentaron máis cousas para traducir de mensaxes (que aínda está sen facer). Dende máis de metade do verán, que tal o curso? Agremon

Re-Benvida editar

Benvido outra vez á Galipedia Traballad, alédanos recuperar colaboradores de épocas anteriores da wikipedia galega, terás notado moitas diferenzas no ano transcorrido. Supoño que o arquivo do escudo que cargaches responde á petición que aprece na páxina de cambios recentes, se é así debe ter o nome exacto do ficheiro que aparece na páxina do concello en caso contrario non chega a visualizarse correctamente. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:50, 31 agosto 2005 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Traballad. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:40, 6 decembro 2006 (UTC)