Entroido editar

Boas Sergio, benvido. Lémbroche que estás na Galipedia en galego. As túas edicións nas que o mudas todo ao inglés foron revertidas por este motivo. Na Galipedia damos a benvida a todo o mundo, pero as edicións que fagas non poden ser daquela maneira ou serán revertidas. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 19 de maio de 2023 ás 11:40 (UTC)Responder

Moi boas tardes Breogán.
Sinto se algo non é correcto ou se non fixen ben a tradución ao inglés, fago o mellor que podo.
Estou a facer a tradución do entroido galego a outra lingua como o inglés por un traballo da carreira da universidade. Qué podo facer para que non se me revirta a páxina da wikipedia? Sergio González Iglesias (conversa) 19 de maio de 2023 ás 11:44 (UTC)Responder
Boas Sergio, se o que queres é facer unha tradución ao inglés do artigo en galego debes facelo na wikipedia en inglés, en en.wikipedia.org. Déixoche aquí unha ligazón coa páxina de edición de entroido en inglés por se che axuda. Lembra que cada wiki ten a súa propia lingua, normas e comunidade. Saúdos e cando queiras animámoste a colaborar na nosa lingua tamén. Breogan2008 (conversa) 19 de maio de 2023 ás 12:08 (UTC)Responder