Para iso estamos editar

Para iso estamos :). Non fai falla que me deas as grazas. Precisamente estaba agora a completar Wikipedia:Como rexistrarse e deume erro o navegador e perdin todo :(, terei que volver a comezar :). Saúdos :). --IaRRoVaWo 22:54, 30 Dec 2004 (UTC)

Sobre borrar editar

Resulta que te adiantaches coa páxina de Wikipedia:Como borrar páxinas e tiven que por unha mensaxe de aviso para indicar que estamos traballando sobre iso. O proceso de borrado é algo que ten certa complexidade e require o consenso da comunidade. Por iso, tiven que publicar outras páxinas que estaban en espera para poñer un pouco máis adiante. Outra cousa, hoxe houbo problemas coa base de datos e non sei se quitaches as mensaxes anteriores porque quixeches ou por eses problemas, se queres recuperar esas mensaxes avisame. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 02:34, 31 Dec 2004 (UTC)

Usuario fantasma editar

Ola, Rubi. Non sei facelo polo momento, pero póñome a elo. Un saúdo e bó ano.--Agremon 09:54, 31 Dec 2004 (UTC)

Espazo editar

Tes razón con respecto a espazo e espacio, pero neste caso concreto o que hai que facer é ir ao lateral esquerdo a Páxinas que ligan con esta (estando na páxina espacio) e en todas as páxinas que teñen unha ligazón a esa corrixir o enlace a espazo, porque a páxina espacio hai que borrala -entra dentro dos puntos que aparecen na lista Wikipedia:Eliminación rápida (xa a borro eu)-. Saúdos. --Prevert(talk) 10:52, 24 Xan 2005 (UTC)

  • Páxina borrada, grazas Rubi. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:54, 30 Xan 2005 (UTC)

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego editar

Nesta ligazón hai un documento en pdf coas normas: http://www.as-pg.com/php/upload/lin-13-normas.pdf Saúdos. (Nota: na páxina que corrixiches estaba ben de acordo o incorrecto é dacordo). --Prevert(talk) 21:14, 30 Xan 2005 (UTC)

Salto / intro editar

Podes facelo alomenos de dous xeitos:

1. poñendo <br> ó final, o que fai como un ponto e a parte. (mira a edición deste p´ñarrafo).
2. deixando dúas liñas, que se interpreta de xeito semellante. (mira a edición deste outro)

Un saúdo, e para eso estamos.--Agremon 08:44, 28 Feb 2005 (UTC)

Cambiar títuloa unha páxina editar

Nas lapelas da parte superior da caixa de edición premes en mover e escribes o novo título da páxina. Se a páxina antiga cae dentro das características de Wikipedia:Eliminación rápida engades o marcador {{lixo}}, se non deixala como unha redirección. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:40, 28 Feb 2005 (UTC)

Image:Marco.JPG editar

Ola Rubi. Xa fai tempo, o 5 xaneiro 2005 subiches unha imaxe, Image:Marco.JPG, que carece tanto do dato de copyright como de orixe. Ando mirando de subir imaxes a Commons, e a túa, pola súa calidade, sería unha das escollidas, pero preciso que consten eses datos. (Sirva o mesmo para a imaxe Image:Verbum.JPG). Un Cordial saúdo--Lmbuga 00:05, 16 maio 2006 (UTC)

  • Se precisases axuda para calquera cosa, contactarás comigo máis doadamente, pois é onde habitualmente me podes encontrar, en User talk:Lmbuga (Commons)--Lmbuga 00:08, 16 maio 2006 (UTC)

Imaxe, falta información de Image:AFonte.JPG editar

  Pode que haxa que borrar o(s) ficheiro(s).
Grazas por contribuir a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No(s) caso(s): Image:AFonte.JPG , Image:Marco.JPG, Image:Verbum.JPG, Image:Samil.JPG, Image:Navia.JPG, Image:DesembocaduraLagares.JPG, Image:Alcabre.JPG, Image:Coia.JPG, cómpre incluir, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Para marcar as imaxes é preciso incluir a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe. Rógoche que, se tes dificultade para cumprimentar os datos precisos para que estas imaxes non sexan borradas, te poñas en contacto comigo

Pode usar esta ferramenta para atopar todas as súas imaxes. Se ten dúbidas sobre como incluir a información que falta podemos axudarlle. Grazas. --Lmbuga Commons - Galipedia 20:12, 27 xuño 2006 (UTC)

Como lle pode pasar as imaxes do anterior aviso de borrado, a imaxe Image:AFonte.JPG foi borrada por carecer de licenza e estar orfa (sen colocar en ningunha páxina). Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 20:16, 27 xuño 2006 (UTC)

Ola Rubi, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:24, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Rubi. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:49, 6 decembro 2006 (UTC)