Benvido á Galipedia Robertohermida. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:03, 27 xuño 2007 (UTC)

Ola, benvido. Vin que subiches unha fermosa imaxe do Xistral. Faltanlle datos xa que ainda que semella unha imaxe propia tes que especificalo. Para incluir todos os datos necesarios usa a táboa de información que podes ver na propia páxina de cargar un ficheiro ou ben [1] Deste xeito a imaxe terá todos os datos necesarios. Mais nada, parabéns e espero que subas mais imaxes igual de boas. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 14:29, 28 xuño 2007 (UTC)

Resposta editar

Tes varias maneiras de colocar as fotografías. Polo que semella quixeches colocalas en galería para iso farias do seguinte xeito:

 
Amencer no Xistral
 
Imaxe de Lacerta vivipara no seu habitat

O mais normal é que estas galerías se fagan cando hai un maior número de imaxes ou incluso como artigos separados. O mais usual é incluir as imaxes no propio artigo (como che propoñen na propia páxina de discusión do artigo Talk:Serra do Xistral de xeito de que se intercale co texto para iso que farías sería colocar a imaxe ao principio do texto co que queres que se intercale por exemplo antes deste párrafo. Para iso farías entre corchetes dobres nome da imaxe|thumb (para que che faga un marco para incluir texto descritivo)|right -center ou left (segundo queiras que se aliñe a imaxe) | e 200px ou 300px... (que é o tamaño que lle queres dar). Por exemplo podes ver o código as imaxes. Tes mais información en Wikipedia:Como engadir imaxes. Por certo non te esquezas de asinar os teus comentarios para que saibamos que eres tí (Lansbricae (Ti dirás) 14:58, 29 xuño 2007 (UTC)). Unha última cousa en source/fonte da caixa de datos das imaxes que subas tes que indicar expresamente que son de autoria propia (feitas por min, self made ou formula similar) se é o caso a que o teu alcume na galipedia non ten porque coincidir co teu nome real. Espero ter sido claro, un saúdo e para o que queiras. Lansbricae (Ti dirás) 14:58, 29 xuño 2007 (UTC)