Benvidos a todos á Galipedia, tamén benvidos os vosos mestres. É posible que esteades aquí de xeito temporal, confiamos en que aproveitedes para coñecer a Galipedia e algún de vós volva ao cabo do tempo. Gustaríanos saber que tipo de contidos botades en falta neste wiki, non me refiro aos educativos senón a aqueles que están relacionados cos vosos intereses. Se tedes tempo e queredes basta con deixar unha mensaxe na miña páxina de discusión. E se necesitades axuda non tedes máis que preguntar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:16, 23 xaneiro 2007 (UTC)

  • Únome á benvida de Prevert. Sentídevos como na vosa casa e se precisades algo contade comigo tamén. Un saúdo a todos e agardo que a vosa estadía na Galipedia sexa agradable. --Beninho 08:42, 25 xaneiro 2007 (UTC)

Grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, as fotos que subiches poderían ser borradas.

Indicaches unha licenza. A licenza podería expresar que ti fixeches a foto, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

--Lmbuga Commons - Galipedia 16:15, 25 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxe con orixe en Commons editar

 
Esta imaxe foi borrada por estar xa presente en Commons.
Imaxe:800px-Parallel computer printer port.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Imaxe:800px-Parallel computer printer port.jpg, localizouse a orixe da imaxe en Commons (Commons:Image:Parallel computer printer port.jpg), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Imaxe:800px-Parallel computer printer port.jpg foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), póñase en contacto co usuario que envía a mensaxe para que a imaxe sexa restaurada. .

Grazas pola súa colaboración. Non dubide en contactar comigo se ten algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo

--Lmbuga Commons - Galipedia 19:18, 2 febreiro 2008 (UTC)