Conversa usuario:Ogcbizrohnoacn/arquivo1

Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 06/11/2005
  actual   1    

Benvida editar

Benvido á Galipedia Benigno Fernández Salgado, cada novo colaborador que se une á wikipedia galega é unha grande axuda para mellorar esta enciclopedia. Confiamos en que permanezas moito tempo conosco e que poidas disfrutar colaborando neste wiki. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:56, 6 novembro 2005 (UTC)

  • Ola, noraboa polos artigos, dende logo son bastante completos e interesantes de ler, en relación á imaxe de Michel Houellebecq, tal como aparece non é unha imaxe de uso libre, segundo o web onde aparece [1], non se poden publicar imaxes dese web sen o permiso explícito do autor, polo que haberá que borrala ou ben pedirlle autorización ao autor, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 20:40, 16 marzo 2006 (UTC)
  • Acabo de ver a mensaxe que lle deixaches a Prevert, se as imaxes teñen copyright son os administradores os que deben borrar a imaxe, agora ben se tes pensado pedir autorización ao autor podemos agardar un tempo prudencial, pero non debe aparecer no artigo ata ter a autorización expresa polo que é preciso retirar esas imaxes dos artigos, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 20:47, 16 marzo 2006 (UTC)
  • En primeiro lugar, xa que non o fixen antes, quero darche a grazas polas valiosas colaboracións que tes feito neste wiki e manisfestarche o noso recoñecemento. Sobre o tema das imaxes, a mensaxe trata de alertar sobre a importancia de que as imaxes estean libres de dereitos para usarse na Wikipedia e vai dirixida a todos os colaboradores en xeral. O tema das imaxes é complexo e, por iso, moitas veces é difícil determinar que imaxes se poden usar e cales non. En xeral, podemos usar imaxes producidas por nós mesmos e licenciadas baixo a licenza GFDL (implica recoñecemento de autoría, autorización para o uso por terceiros -incluíndo o uso comercial-, e en caso de reproducirse nun web ou publicación de terceiros o material alí presente pasa a ser GFDL) ou semellantes, imaxes que procedan de fontes libres de dereitos (porque estes caducaran, porque xa na súa orixe sexan producidas no dominio público -como ocorre con imaxes procedentes de axencias gubernamentais dos EEUU, exemplo: NASA, ...), imaxes das que teñamos autorización expresa para o seu uso (ben sexa por unha autorización escrita para o caso concreto, ben sexa porque a propia fonte manifeste que esas imaxes están liberadas para o uso noutros lugares -iso pasa por exemplo coas licenzas Creative Commons, aínda que non todas serían compatibles-). Hai casos especiais que se admiten nalgunhas wikipedias e noutras non (cómpre sinalar que co paso do tempo a evolución é hacia un uso máis restritivo), entre esas imaxes estarían as portadas de libros, discos ou os carteis de películas. Son imaxes con copyright pero declárase un uso lexítimo para ilustrar (e, por suposto, o copyright segue pertencendo aos autores). Que unha imaxe estea publicada nun web non significa que poida reproducirse libremente, aínda no caso no que non exista na páxina ningunha mensaxe que indique o copyright e a reserva de dereitos. A lei de propiedade intelectual recoñece a posesión dos dereitos sen necesidade da declaración. No caso da imaxe de Michel Houellebecq, na páxina orixe teñen unha nota legal que nun dos seus apartados di: 3. Copyright and trademarks. The website’s author reserves the exclusive copyright to all material created by the author. No such graphics, images, sound files, video sequences or texts may be reproduced or used in other electronic or print publications without the author’s explicit permission. Polo tanto, o uso non está permitido excepto no caso dunha autorización dos propietarios dos dereitos (se esta se produce os propietarios deben ter claro o que significa a licenza GFDL, que permitiría que esa imaxe unha vez publicada aquí podería ser republicada por terceiros coas condicións da GFDL). Me temo que o mesmo problema desta imaxe afecta a outras imaxes de escritores galegos, se estas proceden dun periódico, ou de fontes que non sexan propias (sen licenciar). Para finalizar moitas grazas polo esforzo de identificar as imaxes, algo que nos serve de grande axuda. Como di Rocatelo son os administradores quen deben borrar a imaxe, basta con que inclúas o marcador {{lixo}} ou {{lixoporque|escribindo despois da barra vertical o motivo}}. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:02, 16 marzo 2006 (UTC)

Queixa editar

  • Perdoa, penso que foi a ti a quen che fastidiei o traballo (só aparece o teu IP). Sinto-o. A min tamén me ten pasado várias veces. Para evitá-lo, pon un marcador {{en uso}} na páxina. Asi saberemos que non se pode tocar. Si hai maneira de recuperar o escrito mentres tes o navegador aberto: na páxina que che informa de que houbo un cámbio, aparece máis abaixo a tua versión noutro cadro de edición. Simplemente seleccionas todo e o copias, dás-lle de novo a editar a páxina, seleccionas o que hai e pegas por riba. Neste caso de hoxe o texto non variara (só o nome do artigo), pero hai veces en que alguén realiza modificacións no texto mesmo e entón, ademáis, hai que ir ver en que consisten as suas modificacións e reutilizá-las. Desculpa de novo e saúdos. Xosé (✉) 19:43, 16 maio 2006 (UTC)
  • Sinto que se perdera o teu traballo, tamén me ten pasado nalgunha ocasión por un erro do navegador e no momento resulta moi molesto. Como di Xosé basta que insiras o marcador {{en uso}} tal como está escrito. Outra opción para recuperar o texto mentres estea o navegador aberto e ir atrás ou anterior no propio navegador e volver ao cadro no que estabamos traballando e copiar e pegar. Pero penso que co marcador {{en uso}} tería que ser suficiente, iso non quita que nunha situación excepcional pudera volver a pasar o mesmo incluso co marcador. Este non é máis cun aviso visual, non representa ningunha variación de tipo técnico. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:04, 16 maio 2006 (UTC)

Imaxe, falta información de Image:Suso de Toro.jpg editar

  Pode que haxa que borrar o(s) ficheiro(s).
Grazas por contribuir a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No(s) caso(s): Image:Suso de Toro.jpg' ' cómpre incluir, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Para marcar as imaxes é preciso incluir a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe.

Pode usar esta ferramenta para atopar todas as súas imaxes. Se ten dúbidas sobre como incluir a información que falta podemos axudarlle. Grazas. --Lmbuga Commons - Galipedia 08:39, 30 maio 2006 (UTC)sinatura do usuario que deixa o aviso


Eu tampouco me molestei en ver os dereitos. En febreiro ou en marzo, non me lembro agora cando a subín, aínda non me preocupaba o asunto. De feito, o que si lembro é que cando subín a foto o único que tiña en mente era aprenderlles a un par de alumnas o procedemento para subir imaxes. Collemos a que máis nos gustou de google e listo. Desde aquela xa tiven unha conversa con Prevert e Rocastelo sobre outra de Michel Houellebecq (a primeira foto do artigo). Eles aclaráronme un pouco o asunto e non volvín a subir imaxes con copyright. Con relación á de Hoeullebecq, despois de investigar un pouco na rede, tamén souben do autor e dos dereitos, e habería que quitala. Se queres eliminar as dúas, podes facelo. Non hai problema. Non sei se es administrador (perdoa pola ignorancia, vin o teu nome nalgúns artigos pero non sei se tamén xestionas ou fas algo máis), pero podes desfacerte das dúas imaxes. A min dáme pau. É unha cousa parva, xa sei, pero as fotos danlle vida ó texto. En todo caso, eu, de momento, só fago as entradas que me interesan, e teño pouco tempo para ler os pormenores da administración e de lexislación así que che agradezo a atención e o que fagas para que a Wikipedia poida seguir medrando. Encantado de coñecerte e por aquí seguirei. Eu son Benigno. Saúdos.

  • Grazas pola resposta. Encantado de colaborar contigo. Parece que temos os dous o mesmo chollo. Eu tamén coñezo e recoñezo o teu traballo. Non dubides en contactar comigo cando o desexes. Estou á túa disposición. --Lmbuga Commons - Galipedia 14:38, 18 xuño 2006 (UTC)

Categorías editar

Atrevinme a clasificar Anaxénese e Cladoxénese, mediante o engadido da etiqueta [[Category:Bioloxía]], na categoría Category:Bioloxía. Se é incorrecto rógoche que elimines esa etiqueta.

Cando non teñas claro que categoría poñer ou non teñas tempo para mirar de poñer unha, podes poñer [[Category:Pendente categoría]], dese xeito as páxinas non quedan colgadas e arquívanse ata que se lles busca a categoría adecuada en Category:Pendente categoría. Grazas pola túa colaboración --Lmbuga Commons - Galipedia 18:07, 31 agosto 2006 (UTC)

  • Ola Lmbuga, están ben clasificadas. Tomo nota do das categorías.


Mutación editar

Eliminei deste artigo a seguinte ligazón externa por non funcionar: O capítulo sobe mutacións no manual de bioloxía dos wikibooks. Se queres incorporala de novo, compróbaa. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:33, 31 agosto 2006 (UTC)

Ola Benigno Fernández Salgado!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

Segunda conta editar

As contas só poden borralas os programadores de MediaWiki e que eu saiba non o fan, o que si podo facer á cambiar o nome da conta ou bloqueala. Non hai problema porque teñas unha segunda conta se o uso vai ser para editar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:36, 25 setembro 2006 (UTC)

Conflitos de edición editar

Sinto que perderas o traballo por segunda vez, sei o que iso supón. Para evitalo podes engadir no artigo no que esteas traballando o marcador {{enuso}} que sirve para avisar que o artigo non está rematado. Por outra banda cando se produce un conflito de edición (iso occorre cando o sistema detecta que a páxina cambiou desde que comezou a editarse) pode recuperarse o que un tiña escrito premendo en atrás ou anterior do navegador (a non ser que en Preferencias -> Preferencias varias se teña escollido Deshabilitar memoria caché de páxinas). Cando se produce o conflito de edición a caixa de edición amosa o novo texto, pero o anterior debe permanecer na memoria do navegador, por iso premendo no botón atrás o navegador debería presentar o texto no que estabas traballando un momento antes de que se producira o conflito. Confio en que estas indicacións sirvan para que non volvas a perder o teu traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:05, 13 outubro 2006 (UTC)

O sistema segue sinalando un conflito de edición mentres non se saia da caixa de edición, isto quere dicir que para gardalo tes que premer antes na pestana editar para que actualice a caixa de edición (aparentemente non notarás ningunha diferenza pero o sistema si detectará o cambio). Nese momento xa estás traballando sobre unha versión nova do artigo (e non sobre unha temporal) e podes facer cantas variacións queiras. Iso implica que previamente o texto que se queira inserir debe estar en lugar seguro, basta con copiar e pegar pero tamén se pode gardar nun ficheiro local do o rdenador. Comparto a sensación que un sente cando se perde un texto logo de adicar certo tempo a melloralo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:05, 13 outubro 2006 (UTC)


Ante todo síntoo. A verdade é que non sinto que fose culpa miña, pero si que te pasase cun proveito tan ruín para o artigo e para o teu tempo. Tampouco me agrada que te cabrees: digo que non me sinto culpable, porque eu non podo saber se estás editando ou non. É máis, pensaba en que non estorbaba moito porque con Sagasta pronto remataches e non imaxinaba que irías escribir máis de Cánovas. A min xa me pasou algunha vez e tamén me fastidiou moito, pero o certo é que o outro non tiña a culpa. E ás veces pérdoo eu mesmo por darlle ás paxinas para adiante e para atrás ou con este novo teclado ó que non estou afeito. Daquela decidín facer copias de seguridade cando levo moito tempo traballando sen subir. Por certo, que casualidade: acaba de darme un conflito de edición con Prevert. Se o queres entender como compensación, botareille un ollo ó dos templates. Creo que podo resolvelo. :,( --Sobreira (parlez) 12:10, 13 outubro 2006 (UTC)

  • Xa me pasou. Teño que irme agora pero non sabes as rabias que dá ver que o que fixeches se evaporou! Por certo o de Sagasta, cando o subín, xa levaba un bo pedazo traballando nel. É igual, deixémolo así. Cando me volva a poñer, estará esquecido!
  • Xa amañei o dos modelos. En Cánovas cambia o [[es:Antono Cánovas del Castillo]] por [[es:Antonio Cánovas del Castilo]]. Escríbocho aquí porque se o fago eu daráche outro conflito..... E agora acaba de darme outro conflito contigo. Como é que me respondes na túa propia páxina? --Sobreira (parlez) 12:27, 13 outubro 2006 (UTC)
  • Ola Benigno, a min tenme pasado máis dunha vez perde-lo traballado por mor do mesmo. Só é para dicirche que, cando vexas o texto conflito de edición, non gardes de novo, pois non garda a túa versión. Dálle á "frecha atrás" do navegador, copia o texto e volve editar o artigo. É a única maneira de non perder nada (creo) (quizais xa o saibas, pero a importancia do asunto merece o comentario). Aproveito para agracederche a túa colaboración. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 09:13, 14 outubro 2006 (UTC)

Síntoo. Vinme na obriga de borrar esta imaxe por ser unha violación dos dereitos de autor. A orixe é http://en.wikipedia.org/wiki/Image:J_Barnes.JPG (This image is a screenshot of a copyrighted television program or station ID). A lexislación de EEUU é diferente da nosa. Aquí non é admisible a publicación de capturas de pantalla de televisión. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:17, 17 novembro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Benigno Fernández Salgado. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:34, 6 decembro 2006 (UTC)

Sobre mensaxe a Alyssalover editar

Ola Begnino, vin que retiraches unha mensaxe que lle deixaches a Alyssalover, isto só é para dicirche que Alyssalover leva un tempo sen pasar por aquí e quizais non vira a túa mensaxe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:41, 5 abril 2007 (UTC)

Non quixen inmiscirme na conversa só aclarar que Alyssalover non pasaba da mensaxe. Estarei atento a ler o artigo sobre 'El Agricultor' semella ser dese tipo de entradas que lle acaen moi ben á Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:07, 10 abril 2007 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:28, 3 outubro 2007 (UTC)


Aviso de eliminación de Image:Tcaos.jpg editar

  Aviso de eliminación de imaxe.
A imaxe Image:Tcaos.jpg está na lista de Imaxes para borrar. Se vostede pensa que non debe eliminarse, expoña as súas razóns nesta entrada onde se está decidindo que facer coa imaxe. {{{2}}}

Ola, propuxen esta fotografía para borrar debido a que atenta contra os dereitos de autor (copyright), na lei de propiedade intelectual podes ver cando expiran os dereitos do autor sobre a súa obra, en España os dereitos de autor duran toda a vida do autor e 70 anos despois da súa morte, o que significa que só se poden fotografiar as portadas dos libros dos autores que faleceran fai 71 anos, cousa distinta é no caso de obras conxuntas, pero se tes interese podes consultalo máis polo miúdo na Lei de Propiedade Intelectual. Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 16:35, 20 outubro 2007 (UTC) .

sabes se o que puxen da revista Verba é certo ou só é para teses? --  Sobreira (parlez) 19:27, 21 outubro 2007 (UTC)

Orixe con copyright editar

Ola Benigno. Borrei a Imaxe: Life-With-Father.jpg. A súa orixe non permite a realización de obras derivadas e o uso comercial. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:33, 25 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxe con orixe en Commons editar

Ola Ogcbizrohnoacn/arquivo1. Grazas por contribuíres a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Imaxe:Raymond Kurzweil.jpg, localizamos a orixe da imaxe en Commons (Commons:Image:Raymond Kurzweil Fantastic Voyage.jpg), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Imaxe:Raymond Kurzweil.jpg foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), ponte en contacto comigo para e restaurar a imaxe.

Un cordial saúdo.

--Lmbuga Commons - Galipedia 19:14, 31 xaneiro 2008 (UTC)

Ola de novo. Esta imaxe que subiches carece de orixe. Probablemente a subises da Wikipedia inglesa ou de Commons. Busqueina para poñerlle os datos, pero non a encontro.

Marqueina para borrar por temor a que sexa un copyvio e fose borrada xa previamente na Wikipedia inglesa. Se sabes a orixe, por favor edita a foto, indícaa cunha ligazón (se fose realizada por ti, exprésao) e borra a etiqueta {{SenOrixe|...}}. Grazas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 00:57, 2 febreiro 2008 (UTC)

Imaxe sen licenza e/ou orixe editar

 
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
 


Image:Rinoceronte logo.jpg




Ola Ogcbizrohnoacn/arquivo1, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.

83.165.110.93 02:32, 4 abril 2008 (UTC)

Galizionario editar

Existe a posibilidade de usar os datos do teu dicionario galego-inglés de Xerais no Galizionario? --  Sobreira (parlez) 11:33, 10 maio 2008 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Ogcbizrohnoacn/arquivo1".