Enténdese por anaxénese a evolución progresiva das especies que se dá naquelas poboacións que tras experimentaren cambios ó longo do tempo xa non poden considerarse pertencentes á mesma especie da poboación orixinal.

Características editar

Cando nunha poboación se fixan mutacións abondas para que haxa unha diferenza significativa con relación á poboación ancestral, pode dicirse que estamos ante unha nova especie. Segundo isto, a poboación enteira sería diferente da poboación ancestral de xeito que a poboación ancestral debería considerarse extinguida.

Posto que a definición de anaxénese inclúe a existencia de "diferenzas significativas" pode entenderse a conseguinte controversia entre taxonomistas acerca de cando as diferenzas son o "suficientemente significativas" como para garantir a existencia dunha nova especie ou unha nova clasificación.

A anaxénese, tamén chamada evolución filética, implica un cambio na frecuencia xenética dunha poboación enteira en oposición a un acontecemento de ramificación cladoxenético.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.