Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está encima da caixa de edición, o que
ten unha sinatura como debuxo).

Benvido á Galipedia Mpacin: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe

  • Wikisource para textos orixinais,
  • o Galizionario para entradas de dicionario,
  • Galicitas para citas textuais e
  • Galilibros para a publicación de libros.
  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un reservatario de imaxes común a todos wikis—.

Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 14:45, 1 setembro 2007 (UTC)

Incorporar fotos editar

Observei que quixeches incorporar unha imaxe a un artigo.

Importante: En primeiro lugar debes saber que tódalas fotos da Wikipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. As fotos non poden ter copyright que non permitan estas condicións. Ademais, seguindo a lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explicitamente que as imaxes están no diminio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Le Wikipedia:Como engadir imaxes. Unha vez que fagas click en Cargar un ficheiro, tes obrigadamente que escoller unha licenza (aquela que a foto teña na súa orixe, ou a que ti desexes no caso de que a foto sexa realizada por ti) e indicar claramente a orixe da foto. Se tes algunha dificultade, contacta comigo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:45, 1 setembro 2007 (UTC)

Imaxe sen licenza editar

 
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza
Image:Maruxaina.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Maruxaina.JPG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)


--Lmbuga Commons - Galipedia 14:25, 4 setembro 2007 (UTC)