Jvidalc
Ola, Jvidalc, benvido á Galipedia. O usuario Alberte fixo unha serie de trocos no artigo do IES Carrasco bastante oportunos. A wikipedia non é unha páxina de promoción, pois para iso está xa a web do centro. Tamén fixo outros que teñen que ver co estilo que se acostuma a manter na wikipedia con respecto á colocación de imaxes, etc. Prégoche que non o mudes de novo. Para calquera dúbida que teñas, ou calquera consulta, pregúntame sen medo a in ou a calquera outro usuario da Galipedia, :) Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 23:47, 24 febreiro 2009 (UTC)
Ola, Jvidalc, :) Respondo ó teu correo. É mellor que uses a miña páxina de conversa para falar destes temas, porque así todo o resto da comunidade ve o que pasa. :)
En primeiro lugar, non te preocupes por cometer erros. Ao empezar, todos cometemos erros; son parte esencial da nosa aprendizaxe, e os demais usuarios estamos pra subsanalos e pra axudarvos cando empezades. A wikipedia é un traballo en comunidade, así que se ti cometes un erro outro virá a amañalo. Por iso non se explican todas as correccións. Eu quixen explicarcha porque insistías en facer o mesmo, e sería parvo empezar unha liorta de edicións por algo con pouca importancia.
Polo que dis da ligazón ao colexio... o mellor é poñer uns corchetes e que alguén, no seu momento, cree un artigo sobre ese colexio de primaria, non cres? Un saudiño, e pregunta sen medo. :) --Xabier Cid Conversa 12:58, 26 febreiro 2009 (UTC)
Conflito de intereses
editarOla Xosé Ramón.
Por favor lee: Wikipedia:Conflito de intereses--. HombreDHojalata.conversa 19:23, 2 de abril de 2011 (UTC)
- Ola, compañeiro.
- En liña co expresado anteriormente (WP:CI), convídote a que te absteñas de editar o artigo da institución da que formas parte e, pola contra, contribúas a ampliar e mellorar outros artigos desta enciclopedia colaborativa.
- Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 5 de maio de 2024 ás 16:53 (UTC)