Benvido á Galipedia Igor Seoane. É unha sorte que o número de colaboradores da wikipedia vaia aumentando e un motivo de satisfación para o usuarios deste wiki. Sobre a imaxe http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:180px-BarcelonaLineUp20042005.gif dicir que -por regra xeral- é preferible utilizar o formato PNG para os gráficos e JPEG para as fotos, e é importante que engadas información sobre a orixe desa imaxe (o estatus do copyright). En Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe e Wikipedia:Política de uso de imaxes tes máis información sobre o uso de imaxes na Galipedia e en http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:Situacion_Rois.PNG un exemplo de marcado de imaxe. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 9 xullo 2005 11:11 (UTC)

  • Benvido a esta proxecto, considerate coma na túa casa, se tés dubidas recurres os sitios indicados polo compañeiro Prevert(talk). Lembra que, cando poidas, reliza-la túa páxina de usuario na que nos indiques (máis ou menos) que proxectos tes con esta Galipedia. Saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 9 xullo 2005 11:52 (UTC)
  • As páxinas cun enlace non están permitidas polas regras Wikipedia:Eliminación rápida, se o que queres é facer unha redirección tes que escribir #REDIRECT [[Nome da páxina]] (sustituíndo Nome da páxina pola páxina de que se trate). De todos os xeitos é mellor non crear máis redireccións que as estrictamente necesarias. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 9 xullo 2005 14:15 (UTC)
  • Deberías engadir algunha información sobre a orixe das imaxes http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:Ronaldinho.jpg e http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:Deco.jpg . A primeira aparece alo menos nas wikipedias inglesa e catalana con orixe descoñecido e probablemente teñan copyright e acaben sendo borradas. Por outra parte temos as categorías [[Category:Futbolistas]] , [[Category:Equipos de fútbol ingleses]] (ou españois, italianos, franceses, etc,..) e [[Category:Fútbol]] para clasificar os artigos relacionados co tema. Basta copiar o texto anterior e pegalo ao final do artigo en cuestión. Finalmente dicir que resulta interesante o traballo que estás facendo, confio en que no futuro consigamos mellorar e teñamos suficientes artigos de calidade sobre o tema nesta wikipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:58, 9 xullo 2005 (UTC)
  • O xeito de comunicarte que usaches é o correcto, só que nas páxinas de discusión asínase para saber máis facilmente quen deixa a mensaxe. Podes asinar premendo no segundo botón pola dereita da caixa de edición (o que simula unha sinatura), escribindo catro signos ~~~~ (con ALT + 126) ou co mesmo signo que está a dereita de todo debaixo da caixa de edición. Por outra parte se queres unha sinatura personalizada que engada un enlace directo a túa páxina de discusión podes seguir as instrucións que aparecen en Wikipedia:Portal da comunidade. Ah, sí son humano, viches moitas entradas miñas porque entre outras cousas ando a clasificar as páxinas en categorías. Sobre o software para editar a wikipedia se usas Firefox podes instalar a extensión http://wikipedia.mozdev.org/ , engade unha nova barra de tarefas con utilidades de edición (no web podes ver capturas de pantalla para facerte unha idea). Non instales ningunha das versións Beta porque dan problemas, instala unha versión definitiva aínda que sexa máis antiga. En en:Wikipedia:Text editor support fala algo do tema citando outras posibilidades. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:05, 10 xullo 2005 (UTC)
  • Xa lin a túa resposta. Antes esquecín dicir que para a sinatura personalizada na caixa O seu alcume de Preferencias tes que escribir [[User:Igor Seoane|Igor Seoane]]<sup>[[User talk:Igor Seoane|(talk)]]</sup> e marcar raw signatures. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:07, 10 xullo 2005 (UTC)

Warren Buffet editar

Ola, Igor. estiven vendo o teu artigo de Warren Buffet. Está moi ben traducido, pero non lle puxeches ningunha ligazón, e tíñaas (nótasele). Asemade é conveniente trasladar o formato de dólares americano polo noso, e poñelo n pouco máis neutro.--Agremon(contacto) 06:07, 18 outubro 2005 (UTC)

FCBarcelona editar

Ola Igor. Encontrei dúas páxinas creadas por ti FCBarcelona e F.C.Barcelona que teñen como único texto unha ligazón a Fútbol Club Barcelona. O procedemento habitual para que a aquel que busca a páxina F.C.Barcelona se lle abra a páxina Futbol club Barcelona é escribir na primeira unicamente a orde #REDIRECT [[Futbol club Barcelona]]. Se iso é o que pretendías, e/ou tes algunha dúbida ou problema á hora de redireccionar a páxina, estou á túa disposición. Saúdos --Lmbuga 23:28, 2 decembro 2005 (UTC)

  Pode que haxa que borrar o(s) ficheiro(s).
Grazas por contribuir a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No(s) caso(s): Image:180px-BarcelonaLineUp20042005.gif , Image:800px-Playstation.JPG, Image:Buffet.JPG cómpre incluir, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Para marcar as imaxes é preciso incluir a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe.

Pode usar esta ferramenta para atopar todas as súas imaxes. Se ten dúbidas sobre como incluir a información que falta podemos axudarlle. Grazas. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:50, 31 maio 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Igor Seoane. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:57, 6 decembro 2006 (UTC)