Benvido / benvida á Galipedia! Se tes dúbidas, queres axuda, ou sinxelamente ter máis contacto coa Galipedia, pónte en contacto cun de nós. Tes información en varios artigos a partir da portada que indican como facer moitas cousas, faq, etc. O dito, Benvido/benvida!--Agremon 23:14, 2 Xan 2005 (UTC)

20.000 artigosEditar

Ola Ghoute. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 01:01, 6 decembro 2006 (UTC)