Benvido(a) á Galipedia, Duende, a versión en galego da Wikipedia. Este é un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a toda persoa interesada en contribuír--. HombreDHojalata.conversa 15:46, 26 de maio de 2011 (UTC)

Por favor, non volvas retirar referencias de fontes acreditadas. Podes engadir, pero non subtraer. Grazas. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 21:37, 27 de marzo de 2012 (UTC)

Referencias "acreditadas" editar

As referencias ó nomenclator da Xunta e a Gran Enciclopedia Galega, non se poden considerar válidas toda vez que os criterios adoptados son parciais e interesados. Hai numerosos erros nas transcripciós e o feito de que a Xunta subvencionase a citada Enciclopedia non implica forzosamente a sua categoría coma obra de consulta. Nin xiquera ten recoñecemento internacional ata onde eu sei. Si mañá entra outro goberno "autonómico" e subvenciona todo o contrario, castelanizando todo ou aportuguesando todo crees ti que serían referencias válidas. Nistes casos a única referencia válida de verdade e a tradición, que perdura a través dos tempos e dos interesados desgobernos, i eu particularmente en tanto que veciño de San Felix de Varón así o testemuño. Pareceche pouca referencia?. Acaso son boas referencias transcribir o que poñen documentos da administración e poñer lugares coma aldeas, e poñer lugares que hai decadas non teñen nin casas nin veciños, ou poñer como aldeas un barrio/zona do mesmo pobo?. Xa non me parei niso ... O que non e de recibo e pretender poñer un post de algo que se descoñece, limitandose a transcribir datos oficiosos. Entendo que fales da tua aldea (que de seguro que a coñeces millor ca min) pero que pretendas facer una páxina do Varón e insultante. A wikipedia non se fixo para eso, para facer outra GRAN ENCICLOPEDIA GALEGA (de feito xa hai un-a). Fixose para que cada un fale do que sabe e coñece exhaustivamente. Un cordial saudo.