Benvido/a á Galipedia, sempre apreciamos a chegada de novos colaboradores á wikipedia galega que nos axuden a ampliar e mellorar este wiki. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes.--Rocastelo(fálame aquí) 10:52, 19 febreiro 2006 (UTC)

  • Ola Croll. Estás facendo un gran traballo coa ciencia-ficción, en relación co cambio a Ficción científica, pode que sexa mellor tradución que o anterior, pero a Wikipedia non pode ser unha fonte primaria, debemos aceptar as formas que están establecidas, mirei nos dicionarios e aparece ciencia-ficción, e tamén aparece así en diversas historias da literatura (como a de A Nosa Terra) polo que este debe ser o título do artigo, por suposto se tes referencias sobre ficción científica en galego entón sería diferente.--Rocastelo(fálame aquí) 09:44, 26 febreiro 2006 (UTC)
  • Ben, eu tamén entendo a túa postura e, persoalmente, creo que a forma ficción científica sería mellor que ciencia-ficción, pero esa non é a cuestión. Polo de agora, provisoriamente, podemos deixar ficción científica, sempre que o resto da comunidade non se opoña, e ciencia ficción como páxina redirixida, os sinónimos non deben ter páxinas diferentes e como ben dis hai que eliminar a mención que ciencia ficción debe ser rexeitado (esa clase de afirmacións só se pode facer dando fontes e mencionado quen di que se debe rexeitar). Se nun prazo prudencial (1 mes por exemplo) non se dan fontes que establezan o termo de ficción científica como correcto en galego a páxina deberá ser mudada a ciencia-ficción, dime que che parece.--Rocastelo(fálame aquí) 13:44, 26 febreiro 2006 (UTC)
  • Tarde coma sempre, pero é unha ledicia dar sempre unha benvida a xente nova que se incorpora o proxecto. Espero por elo que te sintas coma na túa casa. Agora vou facer unha "coña", dis certas cousas na túa páxina de usuario? por creer a verdade e que case ninguén cree (salvo no que se ve), a mágoa de todo isto é que hai certa Sociedade Xeneral de Autores e demáis que andan a cobra-los canón por los dereitos (no teu caso xa serían máis tortos) de autor, Haber se te animas un pouco e con boa sorte lles das a descubrir como se fai unha saga das galaxias e que se peguen unha viaxe. Saudos.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 22:10, 28 febreiro 2006 (UTC)
  • Efectivamente, era por esa asociación. Clarexo; pos o seguinte na túa paxina de usuario: "Atacar naves en chamas alén do cinto de Orión. Vin raios-C brilar na escuridade preto da porta de Tannhauser." soa a guión de cine; se esta xente anda a reclamar direitos e tortos de autor (agora é pola música) logo ha de ser pola letra, o caso é que deberon de leer aquél libro dunha certa autora (que a despediron da empresa por darse os xefes por aludidos sen se mencionar nomes na publicación) que tiña de título "Cómo facer que se traballa sen pegar golpe?. Nestrouto sería: Cómo gañar diñeiro a conta de reclamar direitos como sexa????. (que conste que sigo a ser de coña xD).--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 21:17, 1 marzo 2006 (UTC)

Ola Croll

Logo de repasar a orixe que indicas para esta imaxe, non encontro por ningures que se encontren expresas (teñen que estar expresadas) as condicións que permitan que esta imaxe se suba á Galipedia e que teña na Galipedia unha licenza GFDL Esas condicións son dúas: permítense a realización de obras derivadas e o uso comercial.

En caso de que na web orixinal non se exprese iso, as imaxes non poden ser subidas ou, se se soben, deben ser borradas.

Rógoche que me indiques onde pon eses datos, pois alicenza GFDL implica que os ten que poñer nalgún sitio. En caso contrario, procederei a propoñer a imaxe para o seu borrado.

Non dubides en contactar comigo cando desexes: estou á tua disposición. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:56, 15 agosto 2006 (UTC)

A lexislación de EEUU non é igual cá española e, polo tanto, as normas da súa wikipedia tampouco. Eles poden ter na súa Wikipedia imaxes con copyright por fair use, nós non. Hai lexislacións moito máis permisivas do que a nosa: a italiana ou a arxentina, por exemplo. Hai que ter ollo á hora de subir imaxes doutras wikipedias. Propóñoche que, cando queiras subir unha imaxe doutra wikipedia, me preguntes, así, pouco e pouco, ireite informando. E é que é complexo, eu levo tempo con isto e son consciente de que non o sei todo.

O que si podes sempre usar son as imaxes de Commons:

As imaxes de Commons podes usalas como se xa estivesen subidas á Galipedia (Quizais xa soubeses todo isto, pero por dicilo non se perde nada e ó mellor se gaña algo)

Contacta comigo sempre que desexes, e non te preocupes por cometer erros, as túas aportacións sempre serán máis importantes cós erros que cometas: os erros pódense corrixir, mentres que as aportacións que ti fas só as podes facer ti. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:48, 16 agosto 2006 (UTC)

  • Procedo a borrar a imaxe por violación do copyright. Segundo pon en http://trekweb.com/stbbs/showThread.php?tid=427fdff21fc98, GabrielCKoerner foi autorizado a publicar as imaxes, pero non se di que as imaxes estean no dominio público e non se poden etiquetar con GFDL (esa etiqueta ou o que implica tería que estar aclarada na orixe). En definitiva, el pode publicalas porque ten permiso; pero nós non o temos para publicalas e colocalas no dominio público permitindo a realización de obras derivadas e o uso comercial (GFDL implica que se poden facer obras derivadas e uso comercial).

Calquera imaxe que se suba debe expresar que se permite a realización de obras derivadas e o uso comercial. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:36, 27 agosto 2006 (UTC)

Template:Ficha de filme editar

Ola Croll, está mensaxe é para avisarche de que temos o modelo FichaFilme que ven ser o mesmo que [Template:Ficha de filme|Ficha de filme]. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:02, 18 agosto 2006 (UTC)

A solución é fusionar con FichaFilme incluíndo os campos que faltan, e mantendo o que hai feito tal como está (quero dicir sen cambiar os nomes dos campos actuais, os de FichaFilme). En canto ás categorías non deben incluirse porque o que se leva debatido sobre as categorías relacionadas co Cine non coincide con algunhas das aí incluídas. Máis adiante -en setembro- cando se conclúa coas categorías definitivas xa se incluirá. Por outra banda no formato que seguimos a explicación insírese no propio template con <noinclude></noinclude> e non como unha subpáxina. Calquera cuestión que surxa cando edites Template:FichaFilme podes indicala na páxina de discusión do template para que poida solucionarse. En canto a Template:Ficha de filme unha vez que remates a fusión podes marcala co marcador {{lixo}} e logo xa a borro. Agora teño que marchar peor pola noite pasarei outra vez. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:56, 18 agosto 2006 (UTC)

Ola Croll!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Croll. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:34, 6 decembro 2006 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:28, 3 outubro 2007 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:29, 3 outubro 2007 (UTC)

Aniversario editar

Ola Croll. O pasado 18 de febreiro de 2008 cumpríronse dous anos desde que comezaches a colaborar neste wiki. Hai moito que non te vemos por aquí pero quero aproveitar esta data para lembrar as túas edicións. Sumando esforzos entre todos é como podemos mellorar o wiki, por iso espero que se tes algún tempo volvas de vez en cando por aquí. Grazas pola túa axuda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:14, 25 febreiro 2008 (UTC)