Non me lembro do nome da rapaza ou do rapaz que me suxeriu, cando aínda non tiña conta na Galipedia, que me rexistrara.

Se soubese como, a/o buscaría para darlle as gracias.

Eu fixen a páxina de Eva Cabo, e para calquera dúbida poñédevos en contacto comigo.

Graciñas,

--Casamanita 00:44, 18 agosto 2006 (UTC)

Benvida editar

Benvid@ á Galipedia Casamanita: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe

  • Wikisource para textos orixinais,
  • o Galizionario para entradas de dicionario,
  • Galicitas para citas textuais e
  • Galilibros para a publicación de libros.
  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—.

Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 01:27, 18 agosto 2006 (UTC)

Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (faiz
click no penúltimo botón da barra que
está encima de la caja de edición, o que
ten unha sinatura como debujo).

Ola Casamanita editar

Eu che pedín que te rexistrases. Agradézoche que así o fixeses. E espero que teñas unha agradable estancia entre nós. Non dubides en contactar comigo para todo o que se che ocorra. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 01:28, 18 agosto 2006 (UTC)

Outra benvida editar

Pasado o paréntese do verán únome ao saúdo de benvida. Grazas por crear un artigo tan necesario coma Ramón María del Valle-Inclán. Confiamos en poder contar contigo durante moito tempo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:30, 3 outubro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Casamanita. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:57, 6 decembro 2006 (UTC)