Carlosdigon
Benvida e datos das imaxes editar
Benvido á Galipedia, Carlos, e boa a túa achega en forma de fotografía (Ficheiro:Sam 0245.jpg), porén, cómpre especificar os datos da imaxe editándoa e cubrindo a ficha correspondente. Déixoche unha guía. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 21:22, 27 de xullo de 2012 (UTC)
Datos dos ficheiros editar
Ola Carlosdigon, grazas por subires ficheiros á Galipedia.
Porén, tódolos ficheiros subidos deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregados nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.
Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):
{{Information |Description= Descrición do ficheiro (que é?, onde foi feito?...) que facilite o seu emprego na Galipedia. |
En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.
- Como incorporar os datos que son precisos aos ficheiros?
-
- Como incluír os datos que se che requiren cando vas subir un ficheiro?
- No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Descrición:. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a ficha do ficheiro.
- Como incluílos cando un ficheiro xa foi subido?
- Accede á túa lista de imaxes. Fai clic sobre o ficheiro que desexes editar para lle variar a información que contén.
- Xa estás na páxina da ficha do ficheiro, fai clic na pestana Editar que está na parte superior.
- Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres chaves.
- Garda a páxina
Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios).
Graciñas, un saúdo e a seguir.