Ola!

Por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:O que a Wikipedia non é (non é un repositorio de todas as publicacións) e a Wikipedia:Libro de estilo (cómpre seguir un formato determinado na redacción dos artigos). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de decembro de 2023 ás 19:24 (UTC)Responder

Ola Estevo
Ante todo grazas polo teu traballo e por poñerte en contacto comigo.
En canto a que wikipedia non é un repositorio, ti sabes máis ca eu diso e non discutirei contigo sobre terminoloxía, pero si vexo nese portal como moitos autores teñen unha relación das súas obras, mesmo con enlaces varios. Eu creo que unha relación in extenso das obras dun autor, sobre todo se desde esa relación se accede a Dialnet ou a outros portais que si son repositorios, o único que fai é enriquecer a wikipedia e facilitar as cousas a todo o mundo, que supoño é do que se trata. De todas maneiras, recoñezo que neste caso, ao poñer ti (moi ben, por certo) un enlace a Dialnet, o problema queda bastante resolto, aínda que unha relación das obras creo que facilitaría as consultas, posto que non todas as obras están en Dialnet nin noutros portais-repositorios.
Mándoche aquí o texto que fixen, anterior ó apartado OBRAS. Creo que precisa algo máis algunhas cousas. Se che parece ben, súboo. Ti me dirás:
Alfredo Erias Martínez (Presedo, Abegondo, A Coruña, 29-05-1954) é licenciado en Xeografía e Historia (1980) e doutor en Historia da Arte (2014) pola Universidade de Santiago de Compostela. No concello de Betanzos (1981-2020), foi arquiveiro-bibliotecario, director do Museo das Mariñas e do Anuario Brigantino (desde o nº 6 correspondente a 1983 ata o nº 43 do 2020).
Foi coordinador xeral de Restauro: revista internacional del Patrimonio (11 números entre 2008 e 2011). E dirixiu catro números (2018-2021) da revista Rudesindus como académico de número da Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo.
Entre 1989 e 1992 foi coordinador para a Xunta de Galicia da organización de arquivos municipais nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense. Organizáronse, total ou parcialmente, 52 arquivos.
É presidente da Fundación Luis Monteagudo e membro de diversas entidades culturais. En 2015 obtivo o "Premio Pedra do Destino", outorgado polos “Amigos dos Museos de Galicia”.
Ten unha obra ampla como investigador, debuxante arqueolóxico, pintor e gravador. Brigatamaris (conversa) 25 de decembro de 2023 ás 00:58 (UTC)Responder