Ola, Breogán Ogando, benvido á wikipedia. Acabas de mudar uns datos relativos ao Día da Muller Traballadora e ao incendio dunha fábrica. Podes achegar algunha referencia diso? Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 12:02, 7 febreiro 2009 (UTC)

Boas tardes. O incendio ocorreu o 25 de marzo de 1911, como figura aquí: Día da Muller Traballadora. Nesa páxina, de feito, o accidente figuraba dupricado. Visitando as páxinas da wikipedia inglesa pódense comprobar as verdadeiras datas e, buscando por internet, pódese incluso ver nos periódicos da época a nova relativa ó accidente.

Na páxina da wikipedia inglesa van máis aló e fan referencia a unha lenda urbana que asegura que o incendio ocorreu en 1857, o 8 de marzo, e durante unha folga. Parece que iso é falso. Suxiren que nos anos cincuenta alguén fixo correr esa lenda para non relacionar ese accidente co movemento comunista.

En todo caso parece difusa a orixe real do Día da Muller Traballadora, pero con ver que o edificio no que estaba a fábrica foi construído en 1901 na páxina inglesa de Triangle_Shirtwaist_Company paréceme que o troco que fixen é correcto.

Grazas! Un saúdo

Referencias editar

Moi ben, Breogán.

  1. Neses casos, o que hai que facer é poñer unha referencia na data correcta, que evite estas discusións e, sobre todo, que evite que outra persoa corrixa de novo o artigo ao revés. Pra poñer unha referencia escríbese <ref>AUTOR, Artigo, ''revista'', data</ref>. Se tes algunha dúbida, dimo e amañámolo.
  2. A wikipedia non é unha referencia primaria. Entón, que se diga na wikipedia inglesa, aínda que pode ser orientativo, non é significativo. Seguro que na wikipedia inglesa está ben referenciado, e esas referencias son as que habería que incluír no artigo.
  3. Para intercambiar mensaxes na wikipedia, ti escribes na miña páxina de conversa e eu escribo na túa páxina de conversa. Así os dous nos decatamos de que hai mensaxes novas. :) Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 16:31, 7 febreiro 2009 (UTC)