Vexamos, o anterior alcalde era Cipriano Caamaño Castro e a nova alcaldesa é Patricia Torres. Porqué se me desfán os cambios sabendo que nuns días tomará posesión do cargo? Teño máis que facer que estar perdendo o tempo con tonterías. O PP obtivo 8 concellais e o psoe 3, co cal ela é a alcaldesa, e nuns días tomará posesión do seu cargo. Acaso é tan importante por uns días o feito de adicar o meu tempo a cambiar un simple nome e que ao final vaise cambiar igual. Hai que deixarse de ser tan quisquillos. Esto quítache as ganas de escribir na wikipedia e máis ainda de soltar un euro para este proxecto.

Ola Boboras, grazas por colaborar na Galipedia. As túas achegas referentes á alcaldía de Boborás foron revertidas porque a nova alcaldesa non tomou posesión do cargo aínda, e mentres iso non ocorra non se pode mudar, xa que non é correcto, aínda podería sair escollida outra persoa, polo que de momento figura o alcalde en funcións, como xa se indicou nunha das reversións das túas edicións. Agardo terme explicado ben, grazas de novo polas túas achegas, convídote a seguir participando no proxecto, se tes calquera dúbida podes contactar comigo na miña conversa ou con calquera outra usuaria veterana. Un saúdo, Piquito (conversa) 31 de maio de 2019 ás 00:41 (UTC)Responder
Non podemos facer os artigos atendendo a futuribles (por moito que teñamos a certeza de que vai ser como dicimos), xa que precisamos de referencias que dean sustento ás afirmacións, e non hai ningunha referencia que apoie que Patricia Torres é alcaldesa de Boborás, porque non o é aínda nin o foi no pasado, cando tome posesión do cargo podes mudar o nome sen problema, pero polo momento non, xa que non é alcaldesa aínda e poñelo resentiría a calidade do proxecto ao ser unha afirmación sen ningún sustento. Un saúdo, Piquito (conversa) 31 de maio de 2019 ás 00:46 (UTC)Responder