• Benvido á Galipedia Anxocg, aprezamos a colaboración de novos usuarios. Non obstante teño que informarlle que escribir sobre un mesmo ou sobre persoas coas que se ten unha relación moi cercana na Wikipedia está considerado vanagloria. Se fose o caso iso significa que probablemente o artigo será borrado axiña. Por outra banda as imaxes que se carguen na Galipedia deben ter unha licenza libre. Para calquera aclaración quedo á súa disposición. Saúdos. --Moderador 16:17, 11 xuño 2006 (UTC)

Image:Foto 2 pequena.JPG editar

A foto Image:Foto 2 pequena.JPG foi borrada por ser un duplicado exacto de Image:2 pequena.JPG e non estar asignada a ningunha páxina.--Lmbuga Commons - Galipedia 21:15, 15 xuño 2006 (UTC)

Benvida e problemas varios editar

Ante todo darche a benvida e expresache que serás moi ben acollido na Galipedia se a túa intención é acompañarnos, inda que sexa acompañarnos minimamente.

Espero que comprendas que a Galipedia non é unha páxina web como a asociación de actores. Nesta última poden publicar de ti mesmo -quizais- o que ti desexes. Aquí, non é posible. Non podemos presentar precedentes: Non podemos permitir que Aznar -por poñer un exemplo- diga sobre si mesmo o que lle pete. Non só deben de ser os datos que os usuarios suban contrastados por eles, por nós e por outros usuarios, senón que deben seguir na súa xeración procedementos que fagan factible un espírito obxectivo, polo que non podemos admitir que escribas -sen desenvolver unha discusión- sobre ti mesmo.

Si poderiamos admitir que subises algunha imaxe túa. Mais, se non é para documentar un artigo xa creado, confundiches o lugar. O sitio ó que as deberas subir é Commons.

Ademais de recomendarche por todo o dito que leas Wikipedia:O que a Wikipedia non é, conviría que leses tamén Wikipedia:Política de uso de imaxes porque as imaxes que subiches carecen dos datos necesarios para podermolas manter na Galipedia. Os datos mínimos que unha imaxe ten que ter para que sexa respectada son a licenza ou copyright e a orixe ou source. En Wikipedia:Política de uso de imaxes explícaseche, como che dixen, o que tes que facer; se tes algunha dificultade ou non comprendes, eu estarei encantado de botarche unha man.

Para contactar comigo fai click na palabra Galipedia da miña sinatura, edita a páxina que che aparecerá e escribe ó final da mesma.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:34, 15 xuño 2006 (UTC)

Imaxes marcadas para borrar editar

Páxina "Anxo Carbajal" editar