Re: Dende o IES Lamas de Castelo, gustaríanos facerche unha entrevista.Editar

Respodín en User talk:Skulda, se cadra é mellor repitir a mensaxe aquí: Sintoo, non puiden responder antes. Por min non hai problema, o único e que non podo garantir que poida responder moi rápido aínda que intentarei facelo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:28, 27 abril 2007 (UTC)

IP 85.91.80.129Editar

Moitas grazas polo aviso sobre o IP 85.91.80.129, marqueino como IP pertencente a unha institución educativa. Iso permite evitar que o IP sexa bloqueado permanentemente e que iso afecte a outros usuarios. Asimesmo permite coñecer ao resto dos administradores esa circunstancia. Grazas outra vez. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:25, 15 maio 2007 (UTC)

  • Ola, o IP 85.91.80.129 creo que corresponde o noso centro que é o IES Pazo da Mercé en As Neves. Hoxe día 24 de Maio acabo de decatarme deste problema de vandalismo na páxina de Baños de Molgas. Na páxina do noso centro colaboran moitos alumnos/as e podería ser que algún fixera estes comentarios improcedentes na páxina antes sinalada, pero eu estou tratando de indagar neste asunto (son o xefe de estudos) e resulta que non temos ningún alumno/a que saibamos que sexa de Baños de Molgas (nin profesor/a), e por outra banda algúns dos actos vandálicos aconteceron as 8:14 da mañá, hora na que o centro aínda non abríu as porta. Aquí hai algo que a min non me encaixa moi ben, por un lado non teño a impresión de que estes comentarios proveñan dos alumnos, máis ben eu diría que os redacta un adulto, por outra banda ¿Pódese suplantar un enderezo IP?.Non teño nin idea, pero algúen díxome que as veces pode acontecer que dous sitios distintos teñan o mesmo enderezo IP. Se fora alguén de aquí, ¿como pode entrar co instituto pechado?. Esta mañá cando apareceu a mensaxe do acontecido, díxenlle os rapaces e rapazas que colaboran na wikipedia que se rexistraran con nomes individiais (so poideron facelo 6 deles que e máximo permitido) e non usando o rexistro común para todo o centro, pero de todos xeitos a persoa que o fixo o que fixo non se rexistrou co que de pouco vai servir. Admito suxestións sobre este asunto, e se en último termo, fora algúen deste centro, non creo que as tonterías dunha persoa, fagan esquecer o enorme traballo doutros moitos alumnos e alumnas que nalgúns casos están entusiasmados na construción desta enciclopedia como se pode comprobar por exemplo hoxe mesmo vendo a páxina sobre as drogas.


Un saúdo--IES Pazo da Mercé Aquí estamos 15:48, 24 maio 2007 (UTC)

Re: Velaquí -finalmente!!- as preguntas dos alumnosEditar

Intentarei buscar un momento o fin de semana ou o luns para responder. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:59, 18 maio 2007 (UTC)

RespostasEditar

Aquí van as respostas, desculpas polo retraso.

  • Equipo PDCCARNOTA:
1. "Canto tempo levas traballando na Galipedia?"; "A que te adicas, fora do traballo na Galipedia?" -Hugo.

Comecei neste wiki o 1 de outubro de 2004. Daquela apenas había 1.600 artigos e unha ducia de usuarios moi activos (49 cunha actividade salientable). Case tres anos despois o número de artigos multiplicouse por 15 ata chegar a 24.000 hoxe en día, mentres os usuarios que contribúen regularmente aumentaron case dez veces. Por regra xeral prefiro non falar de min mesmo porque o importante deste proxecto é o esforzo colectivo, só dicir que fóra da Galipedia a miúdo son o meu propio xefe.


2. "Que te parece a nosa contribución como alumnos?"

Ten moito mérito contribuír en proxectos coma este, ademais o IES Lamas de Castelo de Carnota é un dos primeiros que comezou unha colaboración continuada neste wiki. Unha axuda que a comunidade da Galipedia ten moi presente. Ao mesmo tempo a vosa colaboración ten que valervos de experiencia sobre o funcionamento das comunidades virtuais, tamén servirvos para adquirir habilidades neste tipo de medios. Algo moi útil nun futuro próximo. Por outra banda publicar materiais implica unha serie de procedementos de verificación de fontes que axudan a comprender como se producen os contidos, mesmo descubrir se as informacións e datos que un recibe dos medios comunicación de masas son correctos ou están producidos dun xeito defectuoso. De certo que escribir un bo artigo leva tempo e esforzo pero o adestramento que supón facelo permítenos decatarnos de que falla nos que non están ben feitos.


  • Equipo Alternativa407:
1. "Como foi que empezaches a traballar na Wikipedia?"; "Como coñeceches o proxecto wiki?"-Saúl.

Curiosamente neste intre non lembro as circunstancias exactas nin lembro que foi o que me levou a entrar por primeira vez nun wiki. O que si podo dicir é que os principios dos wikis coincidían coa miña visión sobre o coñecemento libre e a necesidade de sumar esforzos para acadar ese obxectivo. Decateime deseguida de que o concepto wiki, a Wikipedia,... a Galipedia en particular era un proxecto moito máis complexo do que podía imaxinar, que tiña implicacións para o futuro apenas vistas. Así mesmo daquela na Galipedia atopei un serie de colaboradores que demostraban que este wiki pagaba a pena: Agremon, o artífice e creador da Galipedia, alguén que tivo a forza suficiente para levantar este wiki cando estaba practicamente só; Alyssalover, un colaborador de Vigo que fixo centos de mapas sobre Galicia e traballou en crear a estrutura actual do wiki; Xelo2004, un traballador incansable preocupado pola mellora continua da calidade e fundamental na xestión do wiki; Rocastelo, aínda hoxe o colaborador que fixo máis edicións en artigos, grazas a el puidemos chegar a onde estamos. Naturalmente, en todo este tempo uníronse moitos máis colaboradores aos que aprecio tanto como aqueles, así e todo eles catro eran o que estaban aquí cando cheguei e foron un dos motivo polos que quedei.


2. "Canto tempo lle adicas diariamente na Galipedia?" -Ana.

Quizais falar do tempo dedicado cada día no sexa moi preciso, ás veces non paso en varios días outras permanezo dúas horas seguidas editando cando outros compañeiros teñen menos presenza. Un procedemento que utilizo moi frecuentemente consiste en varias entradas curtas -duns cinco minutos de duración- ao longo do día. Por causa de que son un dos administradores o meu caso é moi particular. Cómpre aclarar que calquera persoa que quería colaborador pode facelo sen necesidade de dedicación constante, basta que de cando en cando teña a vontade de contribuír a acrecentar os contidos deste proxecto.


3. "Como atopas o apoio recibido pola Galipedia por parte dos seus colaboradores?" -Ana.

Os colaboradores son o principal activo da Wikipedia en galego, é abraiante comprobar a enorme xenerosidade de persoas que coinciden nun obxectivo común sen ter ningún contacto previo. As "boas causas" non só son boas polo que significan senón tamén polas persoas que se agrupan ao redor delas. De raro en raro achéganse usuarios que queren autopromocionarse ou facer proselitismo de certas ideas, a correr os colaboradores encárganse de corrixilo. É un sinal de que o proxecto está vivo e esperta o interese dos visitantes. A Wikipedia é unha fermosa idea pero non podemos desligala das persoas que están sosténdoa, na miña opinión na Galipedia xuntáronse unhas cantas ducias do mellor que pode dar Galicia e para min é un privilexio ser testemuña delo.


Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:24, 23 maio 2007 (UTC)