Usuario: á vez que te dediques a engadir información, moitas veces irrelevante, sobre Vilasobroso, procura coida-la ortografía e corrixi-los erros que estás cometendo. Insisto, por outra banda, en que non resulta procedente repetir unha e outra vez no texto Vilasobroso ou vilasobroseño, como se iso fixese mellor o lugar; nin abusar das maiúsculas (Vila, por exemplo). Lembra, finalmente, que debes referencia-la información (é dicir: ¿de onde quitas eses datos?) e que esta é unha enciclopedia e non un blog de Vilasobroso. Quero dicir que hai moito máis que facer, moitos artigos máis que mellorar. Pedro --Lameiro (conversa) 19:38, 14 novembro 2009 (UTC)

  • Co que dis, a verdade é que me pos nun verdadeiro apuro. Imos ter que borrar toda a información que escribiches sobre Vilasobroso (e outros artigos paralelos) porque se trata de investigación primaria, algo que está fóra da estrutura da Galipedia. Tódolos datos que se escriben nesta enciclopedia han ser verificables, contrastables polos lectores en fontes publicadas, apoiados por textos escritos. Ti non podes escribir apoiándote nos teus propios estudos e publicacións. Isto non se cumore nas túas achegas. E a maiores, hai outro piar da Galipedia que consiste no punto de vista neutral, segundo o cal un namorado de Vilasobroso coma ti debería absterse de editar sobre ese tema, aínda que isto sexa xa máis opinable. Remato lembrándote que tampouco debes incluír aquí información persoal. Pedro --Lameiro (conversa) 01:44, 15 novembro 2009 (UTC)