Ola,

Tes razón foi un erro, tiña unha propia desde abaixo non moi boa e non a comprobei sendo un erro de bulto xa que pensei que era unha vista que é imposible, desde a Rúa Nova, subirei unha correcta. Tratarei de ilustrar os artigos dos que me falas pero e que hai tanto que facer e tan pouco tempo (cada vez menos). Do da wiki es A miña idea é mellorar de momento o meu galego e os artigos de Patrionio Histórico e Artístico de Galicia, e derivados (arquitectos e imaxineiros) e os de Historia de Galicia e seguir subdividíndoos en categorias (que non o estaban) para aclararme sobre o contido. De momento a wiki es dame moito medo xa que é moi grande e pérdome nela. Estou comezando a traballar nela pero ata agora só como vampiro traducindo para a galega os artigos sobre estes temas que están nela e non na gali. Co tempo (2 ou 3 meses) si tiña pensado rexistrarme e mellorar os temas relacionados pero e que o noso patrimonio e a nosa historia é tan descoñecida en Galicia que creo prioritario que a coñezamos nos primeiro para despois amosala ao resto. Unha pregunta pq non te rexistras na galipedia?. Estaría ben ter a túa referencia como usuario xa que eu nestes temas son autodidacta e non académico polo que me surxen moitas dúbidas e entre varios é mais doado. En resumo, pretendo traballar desde dentro para a afora pero son moi novo nesto das wikis (comecei en novembro de 2006). Gracias por todo e un cordial saúdo. --Lansbricae 21:37, 14 abril 2007 (UTC)

Pedro Froilaz de Traba editar

Outra cosa, falas do Castelo de Vilasobroso. ¿Trátase do Castelo de Sobroso? na parroquia de Vilasobroso, Mondariz ou de outro distinto?

Saudos.--Lansbricae 22:03, 14 abril 2007 (UTC)