Ola! Pois para subir unha imaxe o primeiro que tes que facer é rexistrarte, xa que só os usuarios rexistrados poden subilas. En segundo lugar, é de vital importancia que esa imaxe non posúa copyright, se é de autoría propia perfecto, só terías que (unha vez subida a imaxe) crear unha táboa cos datos (orixe, autor, licenza, data...), e xa estaría a imaxe subida e cunha licenza compatible coa Galipedia. Para máis información recoméndoche que leas Wikipedia:Como engadir imaxes e Wikipedia:Política de uso de imaxes. Sei ben que así de primeiras todo isto parece un pouco complicado, mais cun pouco de práctica e tempo acabarás por acostumarte. Se tes algunha dúbida máis xa sabes, pregúntame. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:13, 15 xuño 2008 (UTC)

Ah, esquecíaseme, as imaxes súbense dende esta páxina: Especial:Upload. Saúdos. AlberteSi, digame? 14:15, 15 xuño 2008 (UTC)