Na achega que fixeches a Nova Narrativa Galega había varias eivas e tiven que revertela, non se poden asinar os artigos, non son dunha persoa en concreto e quen participou na redacción xa figura no historial de edicións, pero ademais ao incluír un nome practicamente obrigas a reverter xa que non se sabe se é o nome que hai tras da IP ou se é unha copia dun texto desa persoa collida de calquera web, libro ou revista. Pregunta o que queiras, é normal estar un pouco descolocado ao primeiro--Cheluco 15:04, 29 de decembro de 2010 (UTC)