Conversa modelo:De interese en Vigo

Último comentário: hai 8 anos de Piquito no tópico Sen título

Sen título editar

Por que nun modelo sobre lugares de interese de Vigo aparecen artigos de institucións deportivas como o Celta ou o Coruxo? Tampouco entendo por que aparece Vitrasa en "outros lugares". Como estes casos hai máis, entre eles os numerosos hospitais, que non sei ata que punto son lugares de interese ou inmobles senlleiros (se algún é arquitectonicamente interesante ou destacable como podería ser o Hospital de la Santa Creu i Sant Pau o podo entender, mais non parece o caso, canto menos da maioria) Penso que deberiamos adicar este modelo a lugares que teñan un interese turístico ou cultural (incluíndo recintos feirais) ou canto menos a lugares (sen incluir institucións) --Piquito (conversa) 28 de novembro de 2015 ás 00:19 (UTC)Responder

Concordo con que este modelo precisa unha reestruturación. Aparecen mesturados lugares, institucións e eventos e tanta variedade resta claridade ao modelo. Ademais non creo que a organización como está sexa útil: non ten o mesmo interese o Hospital Álvaro Cunqueiro que o edificio Banco de Vigo, por exemplo. Tampouco entendo que artigos entran en "inmobles" e cales non: non son inmobles as estacións de tren, os estadios, a fortaleza ou a planta de Citroën? Penso que podería haber dúas solucións:

Nestes inclúense só lugares de interese cultural, artístico ou turístico. Podería crearse logo modelos para outros artigos, por exemplo un sobre "Deporte en Vigo", no que estarían os equipos deportivos (e non só os de fútbol que aparecen no modelo actual), as instalacións e os eventos (varios dos que aparecen agora estarían aquí). O mesmo podería dicirse con "Hospitais de Vigo" ou "Transportes de Vigo".--Jglamela (conversa) 17 de xaneiro de 2016 ás 15:25 (UTC)Responder

Adiante logo. --. HombreDHojalata.conversa 18 de xaneiro de 2016 ás 20:33 (UTC)Responder
Non teño moita idea sobre o tema, pero creei os modelos {{Deporte en Vigo}} {{CHUVI}} que poden servir para alixeirar un pouco o de "Lugares de interese".--Jglamela (conversa) 19 de xaneiro de 2016 ás 18:38 (UTC)Responder
Jglamela, ata onde eu sei o Vigo Stick xa non existe e o único equipo de hóckey a patíns da cidade olívica é o Traviesas H.C. (que estaba integrado no Vigo Stick), polo que creo que habería que mudalo. De todos xeitos creo que HombreDHojalata sabe máis do que hai por Vigo e nos pode axudar máis, pero de hóckey a patíns creo ao 99% que só existe o Traviesas a día de hoxe. Un saúdo!! --Piquito (conversa) 19 de xaneiro de 2016 ás 18:50 (UTC)Responder
Como dixen, non teño nin idea do tema, só fun collendo artigos que aparecían na categoría... O artigo Vigo Stick C.H. ten o marcador de desactualizado, e ata que punto! Deixo os modelos para que os arranxe quen saiba. Un saúdo.--Jglamela (conversa) 19 de xaneiro de 2016 ás 18:56 (UTC)Responder
Si, está desactualizado e asumo a miña parte de culpa. Tamén no de deporte habería que ver de poñer o Vigo Blue Ringed de hóckey liña, ou o Atlántico Hockey Club de herba, por exemplo, pero que diga quen máis saiba. --Piquito (conversa) 19 de xaneiro de 2016 ás 19:05 (UTC)Responder
Volver á páxina "De interese en Vigo".