Conversa categoría:Liñaxes de Galicia

Varias cousas editar

Nótese que moitos destes artigos comezan coa expresións Casa de.... Do mesmo xeito, algunhas obras arquitectónicas tamén comezan igual, como Casa de Mañó ou Casa dos Fonseca. Así e todo, procúrese evitar clasificar nesta categoría aquelas páxinas referidas ás edificacións, aínda que por veces poidan coincidir.

Como guía para creación de novos artigos, algúns dos mencionados que faltan por facer son a Casa de Sarria ou Marquesado de Sarria, o Condado de Vilalba (relacionados coa de Lemos, a segunda a través da súa inclusión na Casa de Andrade), os Churruchao e os do Condado de Deza, a Casa dos Osorio, a Casa dos Ulloa, a Casa dos Soutomaior (Ducado dos Soutomaior e Marquesado dos Soutomaior), Condado de Ribadavia, Condado de Ortigueira (Sarmiento), Casa de Andeiro, Casa dos Moscoso (Altamira), Casa de Mariñas, Casa de Montaos, Marquesado de Mariño (e a súa ligazón con Vicecondado de Albeos e Condado do Arco; tamén quizais os descendentes do Condado de Guaro e do Marquesado de Villafiel), Marquesado da Serra, Marquesado de Valadares ou Marquesado de Valladares (Vigo), Casa de Valadares (Meira), etc.

Omítanse as casas hispánicas de implantación local con nome propio diferenciado (a sección galega da Casa de Trastámara está especificada no artigo Condado de Trastámara) ou non especialmente local (Casa de Alba, Casa de Lara ou familia Lara).—o anterior comentario sen asinar foi feito por Sobreira (conversacontribucións) 13 de xuño de 2017

Volver á páxina "Liñaxes de Galicia".