Conversa categoría:Flores

Quero borrar esta categoría pero antes prefiro tantear o terreo. Non lle vexo sentido a unha categoría "Flores" porque levaría a que practicamente todas as plantas estivesen dobremente categorizadas: aquí e no seu grupo taxonómico. En segundo lugar, o concepto popular de flores (algo vistoso e colorido: a rosa, como mellor exemplo) é moi diferente do concepto botánico: unha simple herbiña do campo tamén ten flores, aínda que non sexan tan rechamantes. O común dos mortais ve na flor o seu aspecto estético, esquecendo o seu papel funcional. Espero opinións. Pedro --Lameiro (conversa) 10:41, 26 agosto 2009 (UTC)

Dende a miña humilde posición concordo co borrado. --Pexego(conversa) 14:35, 26 agosto 2009 (UTC)

Volver á páxina "Flores".