Conversa Wikipedia:Ligazóns externas

Adapteino dende es:Wikipedia:Enlaces externos. Déixoa aquí para que se poda opinar e mellorar se fai falla. A semana que vén propoño a súa votación. Un saúdo --Banjo tell me 20:11, 23 xaneiro 2008 (UTC)

  • Engadinlle algunhas cousas máis dende en:Wikipedia:External links --Banjo tell me 22:56, 23 xaneiro 2008 (UTC)
  • Moi ben! Gústame. Retoquei a redacción nalgúns puntos, pero sen variar o contido, pra facela máis clara. Seguramente aínda lle quede unha nova lectura... Ora que, teño unha dúbida: ese xeito de incluír o idioma non-galego...
    • funciona pra todos os idiomas?
    • debería aplicarse tamén nas refrencias?

--Xabier Cid 23:49, 23 xaneiro 2008 (UTC)

  • Troquei denunciada por comunicada ¿qué vos parece? Lansbricae (Ti dirás) 11:14, 24 xaneiro 2008 (UTC) Boto en falta o consello de que preferentemente as ligazóns externas se sitúen ao final do artigo, no remate do Véxase tamén, fronte a colocación dentro do texto sen o formato de notas. Cunha referencia ao libro de estilo penso que podería ser suficiente. Lansbricae (Ti dirás) 11:18, 24 xaneiro 2008 (UTC). Xa vin que se recolle esta información e limiteime a por un Véxase:Libro de Estilo. Lansbricae (Ti dirás) 11:38, 24 xaneiro 2008 (UTC). Mudei a orde dos tres últimos apartados. ¿Qué vos parece? Lansbricae (Ti dirás) 11:48, 24 xaneiro 2008 (UTC)

Ligazóns de páxinas webs con tradutores automáticos editar

  • Non hai nada relativo a se é correcto ligar páxinas por medio de tradutores automáticos, penso que non se debería permitir, os usuarios da Galipedia que preman nese tipo de ligazóns poden pensar que están accedendo a unha páxina galega, pero acaban lendo ou ben un galego incomprensible ou ben un galego empobrecido. Penso que se debe dar, se é útil, na lingua orixinal, e que sexa o propio usuario se o considera pertinente quen utilice a tradución automática, pero sempre debe ser unha acción consciente do propio usuario.--RNC 16:45, 28 xullo 2009 (UTC)
  •   Concordo Por norma xeral, a ligazón debe levar á lingua orixinal, nunca a un tradutor automático. --Atobar (conversa comigo) 21:46, 29 xullo 2009 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Ligazóns externas".