Conversa Wikipedia:Guía de imaxes de calidade

Abro esta conversa por coherencia e con dous temas. O primeiro deles é a pertinencia da páxina en si (discutirase se alguén quere discutilo), o segundo xorde da introdución.

Na introdución manifestei que as directrices expresas na páxina non son vinculantes para propor ou votar ou aprobar unha imaxe da semana, pero é a miña opinión e non ten que ser a de todo o mundo. Na introdución expresei que hai motivos temáticos e comunitarios que deben ser nas imaxes da semana considerados, cousa tamén discutible.

Non se trata de -é o meu parecer- abrir unha páxina de consenso para unha votación. Trátase unicamente de ver se é procedente a introdución e, especialmente, profundar nos criterios que se deben empregar para votar ou propor imaxes da semana. Próximamente intentarei que se me ocorra algo que concrete os criterios temáticos e comunitarios coa intención utópica de poder crear unha páxina que procure o consenso á hora de votar as imaxes da semana. Inda que tal creación non sexa posible, creo positivo cruzar opinións sobre o tema-- Lmbuga / Conversa comigo  12:58, 9 de maio de 2010 (UTC)

  • Primeiro dato: En Commons consideran as directrices presentes nesta páxina obrigadas para que unha imaxe sexa Featured picture (imaxe do día) ou Quality image. Eu non estou de acordo con que iso ocorra na imaxe da semana, inda que si estaría de acordo con que ocorrese nunha hipotética votación de imaxes de calidade.-- Lmbuga / Conversa comigo  13:15, 9 de maio de 2010 (UTC)

Sobre a pertinencia da páxina, creo que todo contido orientador é útil. Eu teño consultado esta páxina máis dunha vez, todos agradecemos tela a man. Sobre o obxecto desta guía estou de acordo con que ofrece "criterios que poden ser tidos en conta á hora de tirar unha foto, á hora de valorar a pertinencia da inclusión dunha imaxe nun artigo", e iso está ben. Pero creo que debater sobre os criterios que permitan "xustificar o voto dos usuarios nas propostas a imaxe da semana" está un pouco fora de lugar, tendo en conta que precisamente agora se está sometendo a votación unha proposta que inclúe a non obrigatoriedade de argumentar os votos sobre as imaxes da semana. Xoacas(unha palabriña doçe) 13:24, 9 de maio de 2010 (UTC)

  • Segundo dato: Como imaxe da semana pódense propor tanto imaxes subidas á Galipedia como imaxes subidas a Commons. Se fixeramos unha votación de imaxes de calidade da Galipedia, aí si que non tería sentido acoller imaxes que non fosen exclusivas da Galipedia (é unha opinión). Isto entra en conflito parcial co expresado en Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas: Por regra xeral son [...] imaxes feitas ex profeso para este proxecto por colaboradores habituais deste wiki mesmo sobre outros temas.-- Lmbuga / Conversa comigo  13:31, 9 de maio de 2010 (UTC)

Descoñecía esa proposta que dis, Xoacas. Pero penso que, sexa como sexa, os que queiran poden colaborar en unificar criterios, tanto sexa obrigado manifestalos ou non sexa-- Lmbuga / Conversa comigo  13:33, 9 de maio de 2010 (UTC)

Descoñecías esa proposta? E por que protestas lo? Levas días que non falas doutra cousa. Xoacas(unha palabriña doçe) 13:39, 9 de maio de 2010 (UTC)

Non sexa maleducado e, por favor, tráteme de vostede (excedinme intentando atualo no comentario anterior e procurando superar algunha diferenza). Eu non lin esa proposta, eu cuestionei a súa creación, non a proposta-- Lmbuga / Conversa comigo  14:23, 9 de maio de 2010 (UTC)

Paréceme ben a introdución. Non lle atopo chata algunha, así que por min pode quedar así. --Alberte Si, dígame? 15:17, 9 de maio de 2010 (UTC)

Grazas Alberte. A Xoacas: Por favor non me persiga (abstéñase de pasar por onde paso se é posible). Fíxome vostede ler moi detidamente Usuario:Toliño/Wikipedia:Votacións e non hai ningún cambio substancial respecto á conveniencia de fundamentar os votos coas normas anteriores: Cómpre lembrar que, aínda que non sexa obrigatorio, sempre é bo argumentar os votos, tanto a favor como en contra, para fundamentar a postura.-- Lmbuga / Conversa comigo  15:53, 9 de maio de 2010 (UTC)
-Que sexa relativa a Galicia
-Que sexa realizada por usuarios da Galipedia

Agora ben, eses datos non debemos consideralos só ó propor, debemos consideralos tamén ó votar, inda que non o expresemos.-- Lmbuga / Conversa comigo  17:19, 9 de maio de 2010 (UTC)

  • Creo que o que expresei é o que hai e onde estamos todos, pero onde estamos todos -incluso eu- implica que nos achámonos perdidos á hora de votar: Necesitamos criterios e darlle valor a eses criterios inda que non lles deamos o mesmo valor có veciño. (Continúo mañá pois xa estou canso)-- Lmbuga / Conversa comigo  19:11, 9 de maio de 2010 (UTC)
  • Só un apuntamento rápido. Non creo que sexa necesario marcar que non é unha política oficial (vaise converter nunha?). Simplemente se trata dunha axuda como puidera ser Wikipedia:Como crear unha páxina. Non? --Toliño Fala aquí comigo 19:36, 9 de maio de 2010 (UTC)
    • Un usuario (Lmbuga) chama "maleducado" a Xoacas, que non o foi, pídelle que "non o persiga", que non o persigue, e, o que xa manda huevos, que "se absteña de pasar por onde [el, Lambuga] pasa". Como usuario da Galipedia, Xoacas, eu e calquera, pode pasar polas páxinas, conversas e debates que queira e ninguén, Lmbuga, eu, ninguén, pode pedir que se absteña. Non podía quedar calado ante este comentario que só serve para crear ou manter situacións incómodas e ofender ó persoal. Non é a primeira vez que ataca a Xoacas e todos calamos. Xa está ben, ¿non? Pedro --Lameiro (conversa) 22:43, 9 de maio de 2010 (UTC)
  • Penso que ninguén, nin Lmbuga, nin o mesmo Jimbo Wales, pode prohibirlle a ninguén que participe --. HombreDHojalata.conversa 06:57, 10 de maio de 2010 (UTC)
Ocorréuseme pasar por aquí para ver se a conversa, o asunto da conversa, avanzara.
Amén. A Lameiro e a HombreDHojalata dígolles amén, subscribo o que din, eu non falaba diso: Tódolos usuarios poden participar onde lles dea a gana, pero pódeselles rogar que non se dirixan persoalmente a un e que o traten de vostede (é posible e é posible inda colaborando. Xa dirá o tempo e a colaboración se a realidade pode mudar). É un rogo que, se non se cumpre, tratarei co simple menosprezo que supón ignorar a presenza. Evidentemente a observación que fixeron entorpece e probablemente frustre unha conversa que eu tiña por interesante (inda que quizais só a tivese eu por tal cousa, como é habitual).
Por outra banda, non me parece tampouco necesario marcar a páxina como "non de políticas" pois non ten nada de normativo (é un parecer).
A maiores: Vou facer un destes díuas un engadido á páxina. Trátase dunha imaxe que permitiría calibrar as pantallas para todos térmolas máis ou menos (máis menos ca máis) semellantes. Vino o outro día en Commons, pero teño que buscalo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:10, 18 de maio de 2010 (UTC)
Engadín o que dicía, xulgade se é útil. En caso de non o ser, retirádeo.
Por outra banda e seguindo -creo- o criterio de Toliño, inda que só é unha suxerencia, podería pasarse esta páxina á zona de axuda e retirala da zona de mantemento de imaxes. É probable que teña máis sentido naquela.-- Lmbuga / Conversa comigo  22:25, 18 de maio de 2010 (UTC)
  • Sobre os criterios comunitarios, creo que conviría que comentaramos se é adecuado pensar que se deben de relaxar as condicións expresadas neste artigo con usuarios ós que nunca lles foi proposta unha imaxe da semana ou con membros doutros proxectos coma Flickr ós cales se lles propón por primeira vez unha imaxe-- Lmbuga / Conversa comigo  23:35, 18 de maio de 2010 (UTC)
Evidentemente, esas circunstancias non deberían ser comentadas-- Lmbuga / Conversa comigo  23:39, 18 de maio de 2010 (UTC)
O feito de que non poidan ser comentadas dificulta crear unha política sobre esta cuestión. A verdade, eu, persoalmente, só vexo dificultades para crear unha política sobre esta cuestión, por iso dixen que creaba esta discusión coa intención utópica de poder crear unha páxina que procure o consenso á hora de votar as imaxes da semana. Inda que tal creación non sexa posible, creo positivo cruzar opinións sobre o tema-- Lmbuga / Conversa comigo  23:45, 18 de maio de 2010 (UTC)

Pequeno problema e solicitude editar

Vexo un pequeno problema neste artigo. Consiste en que unha das imaxes que é considerada inadecuada (Ficheiro:Vilagarcía 051008 39GDFL.jpg), por ter aberracións cromáticas, é imaxe de calidade en Commons. Eu son o autor da imaxe.

Cando fixen a primeira versión do artigo, aproveitei para exemplificar aquelas fotos das que tiña coñecemento dos seus erros e, por mor diso, empreguei moitas miñas. O caso é que eu pensaba que dita imaxe non fora aceptada para QI en Commons, por iso está aí.

Se non hai problema e estades de acordo, cando vexa unha imaxe con claras aberracións cromáticas, substituireina. Se aguén quere facelo antes... -- Lmbuga / Conversa comigo  13:15, 26 de marzo de 2011 (UTC)

Mirando de novo, vexo que non aproveitei tantas imaxes miñas, pero si un par delas, un esta-- Lmbuga / Conversa comigo  13:21, 26 de marzo de 2011 (UTC)
Non hai problema en que a substutúas. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 18:33, 26 de marzo de 2011 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Guía de imaxes de calidade".