Conversa Wikipedia:Cousas que non se deben facer

Non entre en guerras lingüisticas.Esta Wikipedia é de lingua galega e grafía galega. Non intente mudar ou utilizar a grafía portuguesa, para iso está a Wikipedia portuguesa.


Um comentário crítico desta norma da Galipedia, é que nega a possibilidade de se expressar livremente aos utentes do galego que decidem escrevê-lo em base à grafia histórica que (casualmente :) ) coincide com a grafia portuguesa actual.

Por isso, no conceito "grafia galega" actual têm que inevitavelmente poder entrar também aquelas outras grafias "não-governamentais" (e silenciadas pelo Instituto da Lingua Galega nas suas publicações), usadas por pessoas galegas ao longo dos séculos XIX e XX (e poderíamos dizer desde o XIII para adiante, mas é outro tema) para escrever a língua. Senão a wikipedia galega deveria dizer aqui nas suas normas "língua e grafia galega atendendo aos critérios do ILG como autoridade indiscutível" algo acho eu que vai contra os princípios do próprio conceito de wikipedia.

Jenaro Marinhas, por citar um dos membro da actual Real Academia Galega, que nos deixou há já uns anos, utilizou grafias "galegas" hoje em dia silenciadas (nh, lh, g, j, ç). Por citar outro caso, a obra de Carvalho Caleroposterior à sua decisão de escrever com essa grafia continua silenciada em aulas (como se pode comprovar na USC) e estudos do ILG. (Gostava de lembrar aqui que Carvalho Calero foi o primeiro Catedrático de Língua e Literatura Galega)

A wikipedia como enciclopedia livre deveria dar liberdade normativa entre as galegas, aceitando portanto as três normas em uso (o português de portugal, a norma da AGAL e a norma do ILG). A tomada de posição actual da Galipedia exclui grafias "galegas" actuais, isto é usadas durante todo o século XX e agora no XXI, para representar o galego. E poderia-se dizer mais ainda, passa a colaborar ainda que não seja a sua intenção com o silenciamento duma posição sobre a língua e a cultura com tradição histórica e continuidade. Todo o mundo quer evitar a "guerra de línguas", mas opino que não se pode para isso impedir que se expressem livremente (até na forma de escrever) as outras posições com as que não se concorda.


Para mais informação sobre a tradição histórica e a actualidade desta posição acerca da língua recomenda-se:

-"História da língua em banda desenhada" (15MB)


-"História da Galiza em banda desenhada" (31MB)

-Descarga de artigos especializados(contributos, agália) e livros de graça (gze-ditora):

gz2005



Ninguén quere silenciar posicións. Pero debemos estar de acordo nuns mínimos puntos básicos para que a comprensión dos contidos sexa a maior posible para todos.

  • Nin AGAL nin a Mesa pola normalización ling. son autoridades oficiais para dicta-las normas do galego. Para iso está a RAG e o ILG.
  • Anímote a escribir sobre a variante reintegracionista/lusista do galego nesta galipedia. Un saúdo. --Adalbertofrenesi(talk) 17:06, 12 Abr 2005 (UTC)



*Nin AGAL nin a Mesa pola normalización ling. son autoridades oficiais para dicta-las normas do galego. Para iso está a RAG e o ILG.


Comento: Mas se em essencia a língua é a mesma (eis aqui a raiz do debate e do que defendemos) a Academia das Ciências de Lisboa (que é quem regula o Português Europeu) também deveria servir de "autoridade" reconhecida.

Por outro lado a Comissom Linguística da AGAL está constituída por muitas pessoas de grande prestígio e conhecimento linguístico, e tem autoridade (ainda que "não-reconhecida") e actualizam como tal autoridade a norma que eles defendem para o galego. A mesa não faz nem nunca fará isso. Só talvez a AS-PG poderia ter feito isso, mas agora já entraram essas normas dentro do galego promovido pelo ILG.

Quando a autoridade sobre a língua da Galiza recaiu por motivos políticos em certas pessoas (com a constituição do ILG a toda pressa) e outras (como o próprio Carvalho Calero)foram excluídas e proibido ou oculto o seu trabalho é dificil que possa haver um critério científico dentro do chamado ILG.

Nota: Não é interesse aqui começar um debate interminável. Só mostrar a discordância e argumentos contrários a que esta norma da Galipedia continue vigente no futuro. Enquanto a norma não for mudada (se for) as contribuições redigirei-nas na grafia que a Galipedia exige, mas gostava que não fosse alterada a grafia deste texto que defende justamente o poder usá-la.

Para que se veja que é um pouco ridículo, o procedimento que usarei para contribuir na galipedia será escrever o texto e depois "passá-lo" por este alterador de grafia que converte o português para galego ILG.

Saudações gz2005



  • A Galipedia non está para ditar as normas da lingua galega, non é o noso cometido, debemos usar a normativa oficial (ou se no futuro houber máis de unha, as normas oficiais), por suposto iso non quere dicir que outras normas non sexan respectables, pero non son oficiais, esa é a cuestión (cando menos esa é a miña opinión).--Rocastelo 17:18, 12 Abr 2005 (UTC)



Eu tampouco estou de acordo con esa norma [1]: Non entre en guerras lingüisticas.Esta Wikipedia é de lingua galega e grafía galega. Non intente mudar ou utilizar a grafía portuguesa, para iso está a Wikipedia portuguesa. .

En resposta a Rocastelo (e quen pensen como el), que como argumento a favor de impor a normativa ILG-RAG di que "a Galipedia non está para ditar as normas da lingua galega": eu estou de acordo na afirmación, mais non na consecuencia lóxica. Por unha enciclopedia LIBRE eu entendo tamén "contraria á censura". Penso que normalmente a diverxencia de puntos de vista é respectada, ou sexa, que o|as moderadora|es fan grosso modo un bon traballo, tendo sempre ben presente que a existencia do concepto de obxectividade é discutibilísima. Porén, na miña opinión, non só as formas fan parte do contido, senón moitas veces as formas din moito máis que os contidos. Penso que no noso contexto particular a prescrición dunha norma ortográfica e morfolóxica ten pouco a ver coa corrección, cando existen outras normas minoritarias (na Galiza) mais ben implantadas, estábeis e serias. Ten tamén pouco a ver con libre para quen entende esa palabra no sentido de liberdade de expresión e pensamento. Digamos que a expresión en norma ILG-RAG non reflicte o pensamento de certas persoas ás que se estará coartando a súa liberdade de expresión se se lles exixe escribir nela.

Por outro lado, Adalbertofrenesí opina que para que "a comprensión dos contidos sexa a maior posible para todos" hai que "estar de acordo nuns mínimos puntos básicos", mais o que quere dicir é que se pode discutir, como estou facendo eu agora, pero que iso non implique que se deixe de coartar a diversidade de usos lingüísticos. O facto é que non estamos de acordo. Na miña opinión, a Galipedia pode permitirse ofrecer contidos en normas heterográficas recoñecidas, porque non ten que apresentar balanzos de beneficios ao termo do exercicio (que eu saiba) na xuntanza de socios nin tampouco depende das subvencións da Xunta. É máis, na abertura ao modo de escribir de cada usuaria|o e na permisión da diversidade, a Galipedia xógase a reputación. Canto a facilitar a comprensión, eu penso que tampouco hai que subestimar a intelixencia das persoas usuarias. Acaso non se permite a alternancia entre Galiza e Galicia? Non pode ser que algun(ha) galega|o se perda e pense que se está a falar da rexión polaco-ucraniana? Eu non vou negar que a uniformidade contribúe para unha comunicación menos equívoca, pero tamén sei que o uso que eu fago da linguaxe dá forma á percepción que o|as falantes teñen sobre a propia lingua, e concretamente deixar que a xente se habitúe á grafía histórica ten a virtude de detonar nos falantes a conciencia de que os recursos en portugués tamén están ao seu alcance. Non sei o|as moderadora|es ilg-ragófila|os pero eu persoalmente prefiro, no caso moi probábel de que alguén non encontre algo na Galipedia, que o vaia buscar á Wikipedia en portugués e non en español. Polo menos que experimente.

O último que quería era pedir é que alguén de quen tanto falan sobre "normativa oficial" envíe a referencia da lei ou a ligazón ao BOE ou o DOGA onde se diga que as de ILG-RAG son as únicas normas ortográficas e morfolóxicas obrigatorias e exclusivas para calquera acto verbal público, porque que eu saiba "oficial" quere dicir que é a normativa que teñen que empregar as institucións públicas, como a administración e o ensino, como di o Decreto 173/82 do 17 de novembro de 1982 da Xunta de Galicia, pero nunca lin nin ouvín nada sobre o seu obrigado uso por parte de comunidades como a Wikipedia. De feito ese decreto autoriza publicacións que diverxan da normativa oficial. Todo o cal permite pensar que esa uniformidade de usos ou ese "acordo nuns mínimos puntos básicos" a Galipedia conségueo coartando e censurando.

En canto o debate seguir aberto e a política da Galipedia non mudar, para facer honor á realidade eu proporía que a frase:

Non entre en guerras lingüisticas.Esta Wikipedia é de lingua galega e grafía galega. Non intente mudar ou utilizar a grafía portuguesa, para iso está a Wikipedia portuguesa.

sexa substituída por estoutra:

Non entre en guerras lingüisticas. Esta Wikipedia está escrita en lingua galega conforme as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego elaboradas polo Instituto da Lingua Galega e sanciadas pola Real Academia Galega. Non intente mudar os textos escritos nesta norma ou utilizar outras normas ortográficas. En calquera caso, lembre que vostede pode tamén contribuir na Wikipedia portuguesa.

--xinelo 17:54, 22 Xuñ 2005 (UTC)

Estou completamente de acordo coa proposta de sustituir o párrafo de "Non entre en guerras lingüísticas" pola proposta de Xinelo. É moito máis correcto. --Miguel.lima 14:31, 27 abril 2006 (UTC)

Apoio tamén a sustitución do párrafo de "Non entre en guerras lingüísticas" pola proposta de xinelo. Pareceme moito máis precisa pois coa frase actual creo que é xustificabel o empleo da grafía agal ou a de mínimos pois non son portuguesas senón galegas e polos comentarios entendo que non están permitidas. Kai670 10:18, 15 xullo 2006 (UTC)

Correccións na páxina editar

Dado que a páxina está bloqueada, véxome obrigado a poñer aquí os erros que teñen que ser corrixidos por un administrador:

  • Na introdución:

constructivamente --> construtivamente resume --> resumo --Toliño Fala aquí comigo 20:56, 16 novembro 2007 (UTC)

Rebaixar o nivel de protección desta páxina editar

Poderíase?

Quería incluír o modelo:Lista políticas que xa teñen tódalas páxinas do estilo (por certo, ningunha desoutras está protexida coma esta)--. HombreDHojalata.conversa 18:41, 7 de maio de 2010 (UTC)

Volver á páxina do proxecto "Cousas que non se deben facer".