Conversa:Xea

Último comentário: hai 3 anos de HombreDHojalata no tópico Pai e nai

Gaia vs Xea editar

Ata onde eu sei, tódolos mitógrafos denominan este personaxe como Xea (Gea), e só modernamente recibe o nome de Gaia. Por iso propoño mover o artigo a Xea e que Gaia sexa a redirección. Pedro --Lameiro (conversa) 6 de decembro de 2020 ás 11:58 (UTC)Responder

Habería, Pedro, que citar as fontes. --. HombreDHojalata.conversa 7 de decembro de 2020 ás 12:55 (UTC)Responder
  Feito! --. HombreDHojalata.conversa 7 de decembro de 2020 ás 15:09 (UTC)Responder

Pai e nai editar

No cadro que achega a biografía de Xea dise que o seu pai foi Eter e Caos, e a súa nai Hemera e Caligo. Non foi así, e hai bibliografía que dan unha versión moi distinta (Hesíodo, Miguel Ángel Elvira Barba e Pierre Grimal) e coincidente entre os tres. Xea nace de Caos (deusa primixenia, sen nai), e do mesmo Caos xurdiron despois Éter e Emera/Hémera; non sei quen poderá ser Caligo. Tampoico sei onde corrixir esa xenealoxía. Pedro --Lameiro]] (conversa) 9 de decembro de 2020 ás 19:33 (UTC)Responder

Pedro, os datos estaban tomados automaticamente de Wikidata. Se queres que apareza outra cousa distinta non tes máis que editar e poñelos ti mesmo (así). Mira a ver se quedou ben. --. HombreDHojalata.conversa 12 de decembro de 2020 ás 21:42 (UTC)Responder
Volver á páxina "Xea".