Conversa:Xaquín Lorenzo

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)

Data de nacemento editar

¿Alguén pode confirma-la data do pasamento de Xaquín Lorenzo? Pedro --Lameiro 12:36, 21 xullo 2007 (UTC)

  • 18 de xullo de 1989 segundo a Real Academia Galega [1] e a Gran Enciclopedia Galega
  • 19 de xullo de 1989 segundo a biografía da Galipedia [2]
  • 22 de xullo de 1989, segundo o calendario da Galipedia [3] e Cultura Galega [4]
  • No "verán de 1989" segundo outra web [5]
confirmado: na lápida que cubre os seus restos pódese le-la data de "19-7-1989". Pedro --Lameiro (conversa) 16:48, 17 febreiro 2008 (UTC)

  • A Wikipedia non é unha fonte primaria de información. --Xosé (✉) 10:08, 22 xullo 2007 (UTC)
    • ¿E que queres dicir con iso? A Galipedia afirma un feito (que morreu o 19 de xullo) que, segundo fontes consultadas, non é seguro. Supoño que se a RAG e a GEG (fontes primarias fiables) dan o 18 de xullo, a nosa afirmación é errónea e debe corrixirse, pero necesitariamos confirmalo (e iso non nos converte en fonte primaria senón que nos obriga a buscar fontes seguras nas que basea-los nosos textos).
    • Segundo. A Galipedia non pode dar unha data na biografía (neste artigo) e outra na páxina do 22 de xullo. Evidentemente, unha das dúas datas ten que ser errónea, se é que non o son as dúas. A confirmación á que me refiro antes deberá levar a emenda-lo dato erróneo.
    • Pedro --Lameiro 13:46, 22 xullo 2007 (UTC)

A lista, tal e como está, parece incluir a Galipedia como fonte. Unha versión alternativa seria:

* 18 de xullo de 1989 segundo a Real Academia Galega [6] e a Gran Enciclopedia Galega
* 22 de xullo de 1989, segundo Cultura Galega [7]
* No "verán de 1989" segundo outra web [8]
Na Galipedia aparecen datas diferentes en:
 * 19 de xullo de 1989 segundo a biografía da Galipedia [9]
 * 22 de xullo de 1989, segundo o calendario da Galipedia [10]

O meu comentario non estaba dirixido a ti, que xa ben sei que non che fai falta, senón a calquera que puidese casualmente pasar por aqui, ver esa lista e deducir erroneamente que nós buscamos a nosa información na Wikipedia, sen máis preocupación editorial. Por certo que, se pasa por aqui agora verá que non é asi ;-). Un saúdo. --Xosé (✉) 13:58, 22 xullo 2007 (UTC)

Obras de Xaquín Lorenzo editar

Xaquín Lorenzo foi un escritor prolífico. A relación de traballos publicados (sacada da web da Real Academia) ocupa 4 páxinas en word. A miña pregunta é se cómpre copiar todo ou se escollo unha ducia de traballos máis destacados e remito a esa web para que quen estea interesado teña acceso a toda a súa obra. O segundo problema sería que criterio seguir para escoller esa ducia de traballos destacados. Mentres recollo opinións, seguirei con outros aspectos da súa biografía. Pedro --Lameiro (conversa) 00:14, 17 febreiro 2008 (UTC)

Eu penso que poden entrar todas. Eu dividiría en obras en castelán e obras en galego, e nas dúas seccións faría dúas columnas, para non alongar tanto. AlberteSi, digame? 14:00, 17 febreiro 2008 (UTC)

  • Eu separaria o que son artigos en publicacións do que son libros individuais. --Xosé (✉) 14:17, 6 marzo 2008 (UTC)


Xaquín Lorenzo academico editar

Non atopo o seu nome nesta listaxe da RAG [11]. Como sabese que foi nomeado academico en 1951 ? ElviraConversa con mi 16:16, 6 marzo 2008 (UTC)

Porque ese non é o sitio correcto de miralo, :) Esa é a listaxe de académicos non numerarios, algo así como un ampliiiisimo abano de académicos de segunda. O sitio correcto é este, :) --Xabier Cid 16:37, 6 marzo 2008 (UTC)

:: Moitissimas gracias Xabier ! Abusando un pouco podesme decir como fixeches porqu eu xa habia consultado este listaxe Numerarios pero tampouco o atoupo. O asunto interesame pa poder por fontes fiables pa outros e non soamente na Galipedia :D ElviraConversa con mi 16:49, 6 marzo 2008 (UTC) Xa vin como fager ! moitas gracias Xabier ! ElviraConversa con mi 17:28, 6 marzo 2008 (UTC)

Aviso de CommonsTicker editar

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Ecemaml eliminou Image:Real_Academia_Galega.jpg: [[Commons:Licensing|Copyright violation]]: Logo;

-- CommonsTicker 22:26, 7 abril 2008 (UTC)

Imaxes editar

¿Non sería posible conseguir unha imaxe de Xaquín Lorenzo?

  • Que sexa de dominio público... difícil. Pedro --Lameiro (conversa) 09:27, 4 xullo 2008 (UTC)

Fotografía requirida editar

Casa familiar de Xaquín Lorenzo [12] --. HombreDHojalata.conversa 30 de maio de 2019 ás 20:52 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Xaquín Lorenzo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de novembro de 2019 ás 14:34 (UTC)Responder

Volver á páxina "Xaquín Lorenzo".