Conversa:Vocabulario ortográfico da lingua galega

Unha gralla máis editar

'cha'/'cho' tampouco non son contracción de preposición e pronome. 83.55.226.118 19:03, 28 agosto 2007 (UTC)

  • Corrixido. --Xabier Cid 19:25, 28 agosto 2007 (UTC)

VOLG/VOLGa editar

A forma común (e única pronunciable, case) é VOLGa, e tamén é como lle chamamos todos (aínda que na escrita o a ou A sexa máis opcional). O propio VOLGa en papel inclúe este acrónimo así, con a minúsculo) na portada do libro. Tamén é certo que na web só utilizan a forma VOLG e que nos "criterios do dicionario" só usan VOLG (excepto unha única ocasión na que parece que se lles escapou VOLGA), aínda que no URL sí que aparece "volga" [1].

Total que ¿que vos parece unha páxina de homónimos de "volga" a VOLGa e a Río Volga (esta é a única resposta que hoxe obtén que busque por volga)? ¿Ou unha notiña neste segundo artigo dicindo que se buscabas o Vocabularia enlaces aquí? Pedro --Lameiro (conversa) 16:42, 11 marzo 2008 (UTC)

  • A min convenceme máis a segunda alternativa poñer , pero tampouco por moito con relación a outra. Lansbricae (Ti dirás) 17:01, 11 marzo 2008 (UTC)

¿Fe de erros=? editar

¿E como pode haber aqui unha Fe de erros do VOLGa?. ¿Non habería que wikificar un pouco o artigo?. É que ó velo así por riba parece un manual de uso do VOLGa e iso non é un artigo dunha enciclopedia... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:34, 4 de outubro de 2011 (UTC)

Consulta en liña editar

  • Non encontro nos buscadores -nin na ligazón deste artigo- maneira de consultar en liña o VOLGa, un recurso moi útil para sabermos se unha palabra é correcta, tolerada ou incorrecta. Espero que sexa algo temporal (e refírome a que non dure máis que uns días ou como moito semanas). --Xoán Carlos Fraga (conversa) 16:37, 22 de abril de 2012 (UTC)
  • Creo que o retiraron cando a RAG puxo en liña a nova versión do seu dicionario.--Xián (conversa) 16:47, 22 de abril de 2012 (UTC)
    • Non, que va. Está aquí. Pedro --Lameiro (conversa) 19:48, 22 de abril de 2012 (UTC)
      • Grazas pola información, pensei que desaparecera.--Xián (conversa) 19:58, 22 de abril de 2012 (UTC)
Volver á páxina "Vocabulario ortográfico da lingua galega".