Conversa:Trigonometría

Traducións editar

Vexo que no artigo están as abreviacións sin, cos e tan, extraídas do inglés directamente. En español porén cámbiase o sin por sen. En galego non sería máis correcto tamén abrevialas como sen, cos e tx? Eu adoito escribilas así e lembro que no bacharelato algún máis o facía. Un saudiño --Anxogcd Falemos 12:54, 25 novembro 2009 (UTC)

  • Non estou seguro, pero creo que se usan sin para o seno, cos para o coseno e tan para a tanxente. E creo que o mesmo para o castelán, non me soa nada iso de ver sen por ningures. --Toliño Fala aquí comigo 14:25, 25 novembro 2009 (UTC)
Eu creo que son internacionais, collidas non do inglés senón do latín, sin de sinus, cos de cosinus e tan de tangens, por exemplo en alemán é Kosinusfunktion pero a abreviación segue a ser cos--RNC 15:01, 25 novembro 2009 (UTC)
Tras mirar un pouco pola rede semella que as linguas latinas admiten tanto a abreviación de orixe latina como a propia, así en castelán, portugués e italiano aparecen textos matemáticos con sin e con sen, pero non sei se hai algunha recomendación máis específica nin se predomina algunha delas.--RNC 17:05, 25 novembro 2009 (UTC)
Bueno, eu decíao por experiencia propia. Na facultade de aeronáutica de Madrid normalmente ponse sen... Pero xa se sabe que os enxeñeiros fan o que lles dá a gana, é mellor fiarse dos matemáticos. De todos xeitos RNC parece que aclarou bastante as cousas. --Anxogcd Falemos 19:33, 27 novembro 2009 (UTC)
Volver á páxina "Trigonometría".