Conversa:Tricocito (mamíferos)
Esta páxina incorpora texto traducido da páxina "Trichocyte (human)" da Wikipedia en inglés, especificamente na súa versión do día 30 de decembro de 2020, publicada baixo a licenza Creative Commons Compartir Igual 3.0. Consulta o historial da páxina orixinal para unha lista dos autores. |
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Nome da páxina
editarOs termos referidos a células acabados en -cito escríbense en galego, segundo o Dicionario da Academia, como palabras sen acento, graves, non esdrúxulas (por exemplo linfocito). En portugués son esdrúxulas (linfócito) e houbo unha época en que algunhas edicións antigas dalgúns dicionarios galegos as poñían tamén esdrúxulas (dicionario de Xerais). Hoxe en día, o DRAG recomenda formas sen acento: trombocito, granulocito, reticulocito, monocito, macrocito, melanocito, oocito, fagocito, linfocito, mielocito, leucocito, eritrocito. Por outra parte, como a páxina indica na primeira frase, os tricocitos aparecen en mamíferos, non só en humanos; entón non sei se será mellor chamarlle á páxina tricocito (humano) ou tricocito (mamíferos). Tamén existe a páxina tricocito (algas) e a páxina tricocito de homónimos, feitas por min recentemente. Miguelferig (conversa) 23 de xullo de 2022 ás 10:50 (UTC)
- Boas, traducín a páxina do inglés "Trichocyte (human)", e das outras tres páxinas, dúas (portugués e bosníaco) tamén indican "(humano)", imaxino que pola publicación que referencian, Keratins of the human hair follicle. Acabo de mover a páxina a tricocito (mamíferos), como suxeriches.
- O termo co acento esdrúxulo está redirixido ao grave. Creo que está ben deixar ambos polo indicado neste artigo Diccionario galego de termos médicos.
- Grazas polas túa morea de achegas, en especial na bioloxía e medicina. Saúdos! Gasparoff (conversa) 23 de xullo de 2022 ás 16:24 (UTC)
- Ok. Probablemente o de tricocito (humano) vén de que as outras wikipedias traduciron da páxina inglesa.--Miguelferig (conversa) 23 de xullo de 2022 ás 19:52 (UTC)