Tricocito (algas)

Os tricocitos en algas son células que crecen na parte exterior da estrutura talofítica, a partir das cales crecen pelos. Son frecuentes nalgunhas algas coralinas.[1] En algas como Jania adherens os tricocitos crecen principalmente no verán e o seu crecemento depende da temperatura da auga e das horas de luz diúrna.[2][3][4]

Nas algas coralinas os tricocitos orixínanse en meristemos do talo nos cales unha célula se divide en dúas células que non se calcifican e orixinan pelos non calcificados que sobresaen da superficie da alga co núcleo na base e un gran vacúolo. Na maioría das especies estes pelos múrchanse rapidamente. J. Cabioch distingue tres tipos de tricocitos nestas algas: (1) simples, como en Fosliella, na que o tricocito permanece aínda que caia o pelo ; (2) complexos, como en Jania rubens e Metagoniolithon radiatum, nos que o pelo se murcha e o tricocito desaparece, e (3) máis complexos, como en Neogoniolithon notarisii e Parolithon oncodes, nos que os tricocitos se murchan, pero transfórmanse nas chamadas megacélulas, que persisten certo tempo pero non teñen pelos.[1] [5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 H.W. Johanseno. Coralline Algae: A First Synthesis. Google books [1]
  2. Judson, B.L.; Pueschel, C.M. (2002). "Ultrastructure of trichocyte(hair cell) complexes in Jania adhaerens(Corallinales, Rhodophyta)". Phycologia 41 (1): 68–78. doi:10.2216/i0031-8884-41-1-68.1. 
  3. Basso !first2=Annalisa, Daniela; Caragnano; Rodondi, Graziella (2014). "Trichocytes in Lithophyllum kotschyanum and Lithophyllum spp. (Corallinales, Rhodophyta) from the NW Indian Ocean". J Phycol (50(4)): 711–717. PMID 26988454. doi:10.1111/jpy.12197. 
  4. R. Walker (1984). Trichocytes and Megacells in Cultured Crusts of Three British Species of Lithothamnium and Phymatolithon (Corallinaceae, Rhodophyta). doi:10.1515/botm.1984.27.4.161. 
  5. Cabioch, J. 1968. Sur le mode de formation des trichocytes chez le Neogoniolithon notarisii (Dufour) Setchell et Mason. C. R. Acad. Sc. Paris Serie D � 266:333–6

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.