Conversa:The Lightning Thief

Último comentário: hai 1 ano de Estevoaei no tópico Temas da ficha

Penso eu que se de título da páxina poñemos o título orixinal do libro "The Lightning Thief", en vez de "O ladrón do raio", noutros idiomas debería ser así, (ou o título en inglés en todos os idiomas ou o título traducido en todos). Grazas--Gaescribe (conversa) 17 de xuño de 2021 ás 12:40 (UTC)Responder

Boas Gaescribe, na Galipedia temos unhas directrices para os títulos máis axeitados para os artigos. Podes revisalo con calma en Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos. Na sección de "Títulos de películas, obras literarias, obras de arte, programas e series de televisión etc" verás que mantemos o título orixinal agás que exista unha versión en lingua galega. No caso do libro The Lightning Thief, escrito orixinalmente en inglés, non existe unha versión traducida ao galego (ogallá algún día se publique), polo que o título deberá ser o orixinal en inglés. Isto aplícase en todos os casos, independentemente da lingua de orixe.--Breogan2008 (conversa) 17 de xuño de 2021 ás 12:58 (UTC)Responder

Moitas grazas.--Gaescribe (conversa) 17 de xuño de 2021 ás 14:37 (UTC) Mais, non se podería, no corpo da páxina, cando se fala do título, non se podería poñer entre parénteses (()), o título traducido?--Gaescribe (conversa) 17 de xuño de 2021 ás 14:40 (UTC)Responder

Temas da ficha editar

Romance de fantasía? Dende cando? Gaescribe (conversa) 6 de agosto de 2022 ás 14:56 (UTC)Responder

@Gaescribe:: Isto débese a que a ficha The Lightning Thief emprega o Modelo:Libro, que toma información de Wikidata. En Wikidata no elemento correspondente a The Lighting Thief (d:Q501514), na propiedade d:P136 (xénero artístico) aparece o elemento d:Q10992055, que aínda non ten etiqueta en galego, polo que por defecto aparece a descrición "romance de fantasía" en lingua portuguesa.
Anímote a editar este Q en Wikidata, poñendo por exemplo como etiqueta en galego "novela de fantasía". Un saúdo!

--Estevo(aei)fálame aquí 6 de agosto de 2022 ás 19:33 (UTC)Responder

Volver á páxina "The Lightning Thief".