Conversa:Tauromaquia

Untitled editar

Agora tauromaquia está clasificado en cultura de España, se queda habería que clasificalo en varios países tamén, pero indo ao fondo debemos clasificar a tauromaquia cos museos, música ou arquitectura poño por caso en cultura?--Cheluco 16:44, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

Eu categorizaríaa dentro de Tauromaquia, sendo que esta está dentro de Etnografía, pero tamén dentro de Cultura. A súa consideración de fenómeno cultural ten fundamento, pero igual que o ten o machismo, a rotación de cultivos ou o queixo de San Simón. A palabra cultura é moi polisémica, ás veces demasiado, e non se limita a cousas fermosas creadas polo ser humano na súa faceta máis elevada. O que non ten sentido é que sexa Cultura de España: en Francia, Portugal e Latinoamérica practícase a tauromaquia dende hai moito tempo, o hispano non é primordial nela. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:43, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)
Pero categorizamos machismo dentro de cultura?, claro que ten motivacións culturais, como todo o que fai o ser humano, pero polo ao mesmo nivel que a música ou a literatura a min persoalmente dáme repelús, pero se o vedes así tampouco pretendo discutilo, aínda que para min iría dentro de tradicións ou algo semellante.--Cheluco 19:07, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

Eu concordo contigo, aínda que non me parece que todo o que faga o ser humano teña un carácter cultural. Pero creo que na Categoría:Arte e Cultura cómpre entón deixar unha pequena explicación de cal dos significados da palabra Cultura é o que rexe aquí. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:43, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • Fóra desa xeneralización de cultura coma calquera -ou case- actividade humana, non comparto nin de lonxe esta categorización. Máis: a insistencia actual en incluí-la tauromaquia no Ministerio de Cultura responde ó interese de couta-los acordos municipais e autonómicos en contra. Pero todo isto é nada máis a miña opinión que non serve de moito. Hai que categorizalo, efectivamente, e para iso témo-la categoría Espectáculos, que é o que, no fondo, é a tauromaquia: un espectáculo (taurino) e como tal está contemplado dentro do Ministerio do Interior. Espero que ninguén entenda que esta miña proposta sexa descalificativa -que non pretende ser-. Pedro --Lameiro (conversa) 22:14, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)
Concordo coa categoría espectáculos como máis axeitada.--Cheluco 14:59, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)

Se por tauromaquia entendemos estritamente as corridas de touros e o que hai arredor delas, estou de acordo en cinguirnos á categoría de espectáculos, pero se incluímos na tauromaquia cousas tales como os encerros, os recortes, o toro de la vega e cousas dese cariz, daquela tamén hai un aspecto etnográfico. Con isto o que quero dicir é que a categoría espectáculos lle acae ben no primeiro dos casos e lle queda estreita no segundo. Dende logo como cultura de España nin de broma. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:32, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)

Historia editar

"A tauromaquia ... remóntase á Idade de Bronce". ¿Como? ¿Desde cando? Confúndese tauromaquia cos ritos ou espectáculos -relixiosos ou civís- con touros. A caza do uro (ou do touro) non é tauromaquia; os sacrificios relixiosos en Exipo, Grecia e Roma, tampouco. A loita de persoas ou animais contra os touros, sexa como rito iniciático ou simple espectáculo pode empezar a calificarse como tauromaquia, cando vai ritualizándose e regulándose. E isto é moito máis moderno que "na idade de bronce". Pedro --Lameiro (conversa) 22:20, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

Volver á páxina "Tauromaquia".