Conversa:Setestrelo

Osa Maior ou as Pléaides? editar

O nome de Setestrelo é para o Carro da Osa Maior, ou é o nome tradicional das Pléaides? En portugués está recollido como o segundo caso en todos os dicionarios. O Estraviz admite ambas posibilidades, e acrecenta "Setestrelin" para a Osa Menor. Neste PDF tamén identifican Setestrelo coas Pléaides: sli.uvigo.es/CTG/fontes/AUGA/AUGA_1119.pdf Alguén pode aclarar isto?83.165.19.63 00:10, 16 de abril de 2012 (UTC)

Renovado dicionario da RAG. Setestrelo: Grupo de sete estrelas pertencentes á constelación do Touro, que destacan sobre as demais. [1] Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 00:42, 16 de abril de 2012 (UTC)
É dicir, penso que ten que ver coas Pléiades. --Atobar (conversa comigo) 00:44, 16 de abril de 2012 (UTC)

Para min que é un engano da xente de "letras", que confunden as sete "cabritiñas" que serian as pléiades co carro da osa, xa que este último son 7 as estrelas claramente visibles, pero nas pléiades pódense ver a simple vista máis de 7 estrelas, se te quedas mirando para as pléiades aparecen máis estrelas, unha persoa nova pode incluso ver 17 estrelas nunha boa noite ben escura; iso si habería que dicirlle os da RAG que o de "que destacan sobre as demais" é totalmente falso, xa que destacan por que é un cúmulo, e dicir son moitas estrelas xuntas, non é nin polo brillo nin sequera por que semellan un asterismo; podo estar enganado pero non me fiaría moito da entrada da RAG, que xa sexa facendo referencia a osa ou as Pléiades, é totalmente confusa, ademais de miserablemente simple, podíanse estricar un pouco máis.--Xabier Cancela (fálame) 14:52, 18 de abril de 2012 (UTC)

Eu non teño claro nada, no Corpus Técnico do Galego aparece esta definición: «Cando as estrelas se atopan agrupadas espacialmente, fano en forma de "cúmulos estelares", ben sexa de tipo aberto e composto por centos ou milleiros de estrelas novas coma no caso de M41, tamén coñecido como as Pléiades, as sete cabritiñas ou setestrelo, ou en "cúmulos globulares", compostos por centos de milleiros ou millóns de estrelas máis vellas, de máis de 1.000 millóns de anos coma M13 tamén coñecido como o Gran Cúmulo de Hércules.» (sic todo). A palabra non aparece nen na base de datos medieval do galego-portugués nen no Corpus do Português (si no Tesouro Informatizado da Lingua Galega, pero só en poemas todos do século XX que non aclaran absolutamente nada), o argumento de que as Pléiades son a hostia delas (e que moitos pobos empregan como un método oftalmolóxico, para ver a agudeza visual de alguén) tamén non é moi útil, porque o Carro realmente son oito estrelas e "ver" a diferenza entre Mizar e Alcor é outro método tradicional de testar agudeza visual. O que estou dicindo é se temos documentada algunha ou outra posibilidade, porque mesmo poderia ser que o mesmo nome designase ambos dous asterismos.83.165.19.63 23:49, 28 de abril de 2012 (UTC)
Volver á páxina "Setestrelo".