Conversa:Seseo

Último comentário: hai 7 anos de Nachonion no tópico Untitled

Untitled editar

  • Unha curiosidade. Hai zonas non seseantes que teñen restos do seseo, por exemplo hai sitios onde se di "safar" (ex. Safache, xa non tes que ir), ou "en ver de ir mañá, vou hoxe" (rotacismo dun seseo clarísimo). En zonas da Mariña lucense pódense oír estas frases. Cousas curiosas. --Xoán Carlos Fraga 23:32, 3 de setembro de 2011 (UTC).
    • Totalmente de acordo, pero habería que referenciar para pór no artigo. A variante safar dáse tamén polo sur de Galicia; onde en zonas non seseantes tamén teño escoitado: tasa no canto de taza ou pallazo no canto de pallaso. Son supoño que restos da lingua antiga seseante.Nachonion (conversa) 15 de febreiro de 2017 ás 11:47 (UTC)Responder

seseo fenómeno fonético esclusivo da lingua galega ? editar

O contido do artigo que esta ben expresado na cabeceira : " O seseo é un fenómeno fonético propio da lingua galega, que consiste na ausencia do fonema fricativo interdental xordo /θ/ e a presenza dun s, nas posicións nas que o galego común realiza /θ/. O seseo constitúe un dos fenómenos máis relevantes da lingua galega, tanto pola súa extensión como polo número de fonemas que se ven implicados. " plantexame dous problemas :

  • para amañar os interwikis, a palabra tamén esta na wikipedia Fr : w:fr:seseo (non esta en interwiki acá), cada wiki ten a súa version, algunhas din co fenómeno fonético toca tamén a lingua galega, outras como a portuguesa nin sequera o aluden w:pt:Ceceio ( esta en interwiki acá) etc
  • para traducir datos da Galipedia a wiki en francés : antes de metela pata no artigo w:fr:galicien fixen unha proba engadindo datos en w:fr:Heredeiros da Crus, pero non me deixou a gusto.
Necesita o artigo da Galipedia unha "desgaleguización" ? hai outro problema ? Pode alguén aclararme ? --Elvira (Conversa comigo) 10:30, 24 de agosto de 2012 (UTC)
Si, hai que facer algo con este artigo xa que só fala do seseo en Galicia cando tamén hai seseo en Andalucía, Latinoamérica e noutras partes. Este artigo, se non se cambia, debería trasladarse a Seseo no galego, ou algo así, e quitarlle os interwikis xa que é do único que trata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:32, 24 de agosto de 2012 (UTC)
Volver á páxina "Seseo".