Conversa:Segunda Federación

Engadir conversa
Discussões ativas

"Desaparición"Editar

Coido que a nivel oficial aínda se están a disputar nesta tempada 2021/22 as antigas Segunda División B e a Terceira División (por iso engadiron entre parénteses os nomes "Segunda RFEF" e "Terceira RFEF").

PREÁMBULO

Los órganos competentes de la RFEF aprobaron la configuración de una nueva estructura competitiva donde, además, de la Segunda División B (Segunda RFEF) y de la Tercera División (Tercera RFEF), ambas competiciones de ámbito estatal y carácter no profesional, se creó una nueva categoría competitiva distinta a las anteriores y que se sitúa entre la Segunda División B (Segunda RFEF) y la Segunda División (competición oficial profesional). Dicha nueva categoría, denominada Primera RFEF, tiene la consideración, a los efectos federativos y de su regulación normativa, como de competición oficial profesionalizada.

Esta nueva división es el resultado de la reconfiguración de las competiciones masculinas de fútbol que se iniciarán en la temporada 2021/22 y que implica la creación de una nueva categoría distinta a las demás, puesto que se sitúa entre las competiciones profesionales y las no profesionales y catalogada a los efectos federativos como de competición de ámbito estatal profesionalizada.

Nestas noticias hai máis información:

Jorges65 (conversa) 12 de setembro de 2021 ás 21:06 (UTC)

Fun eu quen o cambiou, pensei que a RFEF daba esas categorías por desaparecidas. Pero agora penso que tes razón, deseguido me poño a amañar o que desfixen, desculpa. O que tamén hai que facer entón, é cambiar o nome do artigo ao nome actual. Saúdos! Nonsonninguen (conversa) 13 de setembro de 2021 ás 08:43 (UTC)


Fío importado desde conversa anterior gardada en Conversa:Segunda_división_B Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de agosto de 2022 ás 18:27 (UTC)

Nome e separaciónEditar

Na nosa wikipedia houbo unha serie de conversas e valoracións, neste artigo e noutras páxinas de conversa, sobre a conveniencia de crear un artigo de seu para esta competición, ou se continuar os contidos dentro do artigo dedicado á Segunda División B. Vou expoñer os puntos que se falaron, os pros e os contras.

ContextoEditar

Como consecuencia da crise deportiva da covid-19, que afectou especialmente as categorías afeccionadas e semiprofesionais do fútbol masculino, a Federación Española decidiu en 2020 unha reorganización das categorías deportivas que ficaban por baixo da Segunda División (por baixo do fútbol profesional). Deste xeito, a Segunda B, que era a terceira categoría en rango e que tiña 4 grupos de 20 equipos, sería substituída por:

  • dous grupos de categoría "superior", no sentido de que os requisitos económicos e deportivos para participar nela serían maiores, e que se coñecería como Primeira RFEF, e
  • cinco grupos de categoría "inferior", onde acabarían boa parte dos equipos da antiga Segunda B e bastantes dos mellores dos distintos grupos de Terceira división, e que se coñecería como Segunda RFEF.

Porén, non quedou claro en ningún momento por parte da RFEF se esta nova "cuarta" categoría, debería ser ou non a continuación da "terceira" anterior.

Argumentos a prolEditar

  • O sistema de competición da nova Segunda RFEF é diferente ao da anterior Segunda B. Como elemento fundamental, é a cuarta categoría, e non a terceira. Por unha banda, si, é a categoría máis baixa de ámbito non autonómico; por outra, porén, os seus gañadores non pasan ao fútbol profesional. Ademais, está organizada en cinco grupos, e non en catro, co cal tamén o ámbito xeográfico da competición se reduce. Isto significa tamén que, desde o punto de vista estritamente práctico, poida resultar mellor non facer un artigo que teña dous formatos de competición, dous palmareses, etc.
  • A imaxe de marca, e o nome comercial, marcaron unha ruptura con respecto á Segunda B. Iso demostra unha certa vontade por parte da RFEF de rachar coa traxectoria anterior.
  • Todas as demais wikipedias, que foron máis rápidas ca nós, optaron pola ruptura da continuidade. Isto non ten por que ser un argumento crucial ("se a túa amiga se bota da ponte abaixo, vas ti detrás?") pero si axuda na categorización e estandarización de ligazóns e equivalencias a través de Wikidata.

Argumentos en contraEditar

  • A pesar de diferenciar claramente imaxe e marca, e como se sinala nesta mesma páxina de conversa, o nome oficial da competición mantivo a "B", mentres que non a incorporou noutros casos. Ou sexa, a Primeira Federación non é Primeira B, mentres que a Segunda Federación si é Segunda B - Segunda Federación (pero non Segunda División B, como era na antigüidade).

Non argumentosEditar

A pesar do alcance limitado desta decisión, poden existir argumentos interesados (especialmente importantes en Galicia) para considerar unha ou outra opción. Así, pode ser que os afeccionados de equipos afectados por esta transición tenten presentar o paso da terceira categoría antiga á terceira categoría nova como un ascenso, ou da terceira categoría antiga á cuarta categoría nova como un mantemento da categoría. Do xeito oposto, pode ser que os afeccionados doutros clubes se vexan influenciados polo mesmo razoamento para pensar o contrario. Estes argumentos non deberían ser tidos en conta.

ConsecuenciasEditar

Á parte da vontade natural de facer as cousas "ben", non ten maior consecuencia práctica un ou outro escenario, desde o punto de vista da Wikipedia. Porén, afecta deportivamente o palmarés, na medida en que a conta dos "campións" pode entenderse como detida ou como continuada. Quizais no futuro a RFEF tome decisións respecto ao palmarés ou á organización deportiva que nos permitan botar máis luz, reafirmarnos nesta decisión de separar as dúas categorías, ou revertela e volver xuntar as dúas competicións.

Creo que aquí fixen un resumo dos argumentos dun e doutro lado. Creo que hai un pouco máis de peso para tomar provisionalmente a decisión de separar as dúas competicións,e por iso opto por esta edición, pero non é nada obvio que no futuro vaia ser así. Creo que o tempo axudará a poñer esta decisión en perspectiva.

Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de agosto de 2022 ás 18:59 (UTC)

Ben, eu xa opinei que non me parece que haxa motivos para a separación, aínda que ao principio pensaba que si. Máis cando a propia RFEF deixou moi claro aquí (léase o preámbulo) que a Segunda RFEF é a propia Segunda B, falando só de nova categoría no caso da Primeira RFEF (que si é unha categoría de nova creación). Pero vou só puntualizar un par de cousas sobre os argumentos a prol que das.
O cambio de sistema de competición non me parece relevante, xa que se deu numerosas veces en todas as competicións (tanto en Primeira, como en Segunda, como en Segunda B como en Terceira). Nos primeiros anos a Segunda B disputábana 40 equipos en 2 grupos e máis tarde pasou a 80 equipos en 4 grupos. A Terceira nos seus inicios estaba formada por pouco máis de 20 equipos e nos anos recentes eran máis de 300, atravesando nese tempo máis de 20 cambios no número de grupos. Pero as competicións continuaron sendo as mesmas. Respecto aos niveis, a Terceira foi durante décadas a terceira categoría, e nos anos 70 pasou a ser a cuarta, pero continuou sendo a mesma competición (Terceira División). Non temos dous artigos diferenciándoas. O mesmo ocorre co resto de divisións inferiores, como por exemplo a Primeira Galicia, que coa introdución da Primeira RFEF, pasou de ser a sexta categoría a ser a sétima. Debemos crear novos artigos para esas vellas divisións no seu novo nivel? Non o creo. Tampouco é correcto o que dis de que a Segunda Federación "é a categoría máis baixa de ámbito non autonómico", pois esa é a Terceira División RFEF (anterior Terceira División), que é unha competición de ámbito nacional. Iso tampouco mudou.
Os logos cambiaron varias veces ao longo dos anos, iso tampouco é algo novo que xustifique agora unha nova competición. Respecto ao resto de wikis, non me estrañaría que algunha delas acabase revertendo os cambios, xa que algunhas están tendo o mesmo debate.
O dito, que non vexo ningún motivo de peso para a creación dun artigo novo. Pero estaría ben que opinase alguén máis.
Saúdos e unha aperta! Xanetas (conversa) 31 de agosto de 2022 ás 14:46 (UTC)
Boas tardes.
  • No regulamento xeral da RFEF (ultima modificación este mesmo verán, aprobado polo CSD hai un mes), na sección de competicións oficiais (artigo 209) segue a aparecer como Segunda División B.
  • O cambio de formato non significa que sexa unha nova competición, xa que iso ten pasado con moitas ligas e torneos. Exemplos: A Segunda División tivo dous grupos durante certo tempo, agora ten un só. A Segunda B tivo dous grupos antes de pasar a ter catro. A Terceira División tivo diversos números de grupos segundo a época ata chegar aos 18 actuais. Por non falar doutras competicións como a Copa do Rei (Campionato de España), a Copa de Europa/Liga de Campións da UEFA ou a Copa da UEFA/Liga Europa da UEFA, que sofreron ao longo da historia modificacións moi grandes.
  • O cambio de nivel (da 3ª á 4ª categoría) tampouco significa que sexa considerada unha nova competición, xa que a propia Terceira División deixou de ser a 3ª categoría na década de 1970 e o seu artigo non se atopa dividido en dúas partes.
  • A imaxe de marca tampouco supón nada, xa que entón a Liga Smartbank non sería a Segunda División, nin a Liga Santander a Primeira División.
  • Engadir tamén que a categoría máis baixa do ámbito estatal é a Terceira División (Terceira RFEF), segundo o propio regulamento xeral da RFEF.
  • Sobre o que fan noutras wikipedias, a miña opinión é que para estes temas do fútbol español moitas toman como fonte a wikipedia en castelán, e nesta wikipedia nos temas futbolísticos non sempre hai rigor, tal vez por edicións non neutrais de afeccionados. Por exemplo, estiveron varios anos poñendo que o Malaga CF se fundara en 1904 cando o certo é que houbo 4 ou 5 clubs antes do actual. Ou o mal explicados que están os campionatos rexionais, mesturando datos e torneos de forma confusa, que ás veces semellan artigos feitos máis ben para ligar ás seccións de palmarés do Real Madrid e FC Barcelona que para explicar realmente que tipo de competición foron.
En conclusión, dende o meu punto de vista o máis correcto sería manter este artigo como Segunda División B, xa que oficialmente segue a ser a mesma competición. Parecía que cando fose aprobado un novo regulamento da RFEF se oficializaría a substitución dunha competición pola outra, pero o novo regulamento aprobado hai dous meses segue a manter a Segunda División B, polo que non parece correcto dividir o artigo.
Unha aperta. Jorges65 (conversa) 4 de setembro de 2022 ás 20:48 (UTC)
Tamén é importante engadir que o trofeo da tempada 2021/22 leva gravado o título "Campeonato Nacional de Liga Segunda División B" ainda que na chapa da peaña aparece "Segunda RFEF", tal e como se pode ver na seguinte foto: 1. -- Jorges65 (conversa) 5 de setembro de 2022 ás 07:24 (UTC)
Velaquí outro documento da RFEF de hai apenas un mes (6 de agosto de 2022) onde se emprega explicitamente a denominación "Campeonato Nacional de Segunda División B (Segunda RFEF)" en referencia á actual tempada 2022/23: CIRCULAR nº 9 - OCUPACIÓN DE PLAZA VACANTE EN EL CAMPEONATO NACIONAL DE LIGA DE SEGUNDA DIVISION B (SEGUNDA RFEF) POR CAUSAS ECONÓMICAS. -- Jorges65 (conversa) 5 de setembro de 2022 ás 07:46 (UTC)
Neste documento da RFEF chamado CONDICIONES DE COMERCIALIZACIÓN DE LOS DERECHOS AUDIOVISUALES DE LAS SIGUIENTE COMPETICIONES DE LA NUEVA CATEGORIA PRIMERA FEDERACIÓN EN EL ÁMBITO INTERNACIONAL (EXCLUIDA ESPAÑA Y ALGUNOS PAISES DE EUROPA) PARA LAS TEMPORADAS 2022/2023, 2023/2024 y 2024/25 di literalmente nos seus primeiros parágrafos:
Los órganos competentes de la RFEF aprobaron la configuración de una nueva estructura competitiva donde, además, de la Segunda División B (que pasa a denominarse comercialmente como Segunda Federación RFEF) y de la Tercera Federación (pasa a denominarse comercialmente como Tercera Federación, ambas competiciones de ámbito estatal y no profesionales, se creó una nueva categoría competitiva distinta a las anteriores y que se sitúa entre la Segunda División B (comercialmente Segunda Federación y la Segunda División (competición oficial profesional).

[...]

La categoría que se oferta para su adjudicación, es una categoría es calificada como no profesional, estando por encima de la Segunda División B (Segunda Federación a los meros efectos comerciales y de marca) y por debajo de la Segunda División (profesional).
Isto equipararía os nomes "Segunda RFEF" ou "Segunda Federación" aos de "Liga Smartbank" ou "Liga Santander". Jorges65 (conversa) 5 de setembro de 2022 ás 08:06 (UTC)

Ben, primeiro de nada, moitas (pero moitas) grazas Jorges65 e Xanetas, pola dedicación a esta cuestión e a perseverancia. Se ben algúns argumentos a prol de xuntalos non me parecen moi sólidos, outros sen dúbida si. En concreto as últimas referencias achegadas por Jorge65 deixan pouca dúbida. Ben, pois agora:

  1. teño que fusionar os dous artigos, e iso vaime levar algo de tempo porque hai tempo que non o fago.
  2. hai que re-redactar todo ben, de forma unitaria, no novo artigo, describindo ben o funcionamento actual, e os funcionamentos antigos.
  3. os artigos dos equipos teñen unhas categorías de cores para marcar a categoría en que xogan, e tamén para marcar ascensos e descensos. Habería que revisar ben iso, mater as mesmas cores, crear as cores novas para a Primeira Federación, sinalar os ascensos/mantementos de categoría correspondentes, etc.
  4. teño que pedir axuda para xestionar isto a nivel de Wikidata.

Isto hai que facelo por orde, e eu co punto 1 non creo que poida poñerme antes do domingo, porque teño unha semana bastante dura diante de min. Podemos agardar? Queredes ir creando o artigo da Segunda Federación 2022-23? --Xabier Cid Talk 2 me, please 6 de setembro de 2022 ás 09:10 (UTC)

Volver á páxina "Segunda Federación".