Conversa:Rosa Luxemburg

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

Untitled editar

Creo que a tradución está rematada, aínda que non estou segura se hai que traducir as citas das notas. --Nicole (conversa) 18 de decembro de 2013 ás 19:20 (UTC)Responder

Si, se as citas non están en galego, do tipo que sexa, o axeitado é traducilas. Pensa que os lectores que miren o artigo moi posiblemente non saberán francés (eu o primeiro :), neste caso, e os que queiran revisar a cita orixinal xa teñen a fonte ligada. Saúdos e estupendo traballo. --Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2013 ás 19:46 (UTC)Responder

Dúbidas editar

  • negándose a reivindicar a instauración da república en Alemaña transfórmase nun xoguete dos «partidos burgueses»
  • sae nerviosamente esgotado
  • como nas condicións mois desfavorables - máis ou moi?
  • ela surestima - subestima?
  • senón a dosificación a maiores ou restada á explotación
  • eses vascos choricas
  • puchismo

Unhanova (conversa) 4 de maio de 2017 ás 10:15 (UTC)Responder

Unhanova, comento as túas dúbidas:
  • penso que está ben así, non vexo o problema, ti que ves mal?
  • é a tradución literal do que hai no artigo en fr.wiki, penso que está ben, pero non podo aseguralo porque non teño acceso a esa fonte
como fala da guerra cambieino por "máis desfavorables"
  • surestima > susbestima, era un erro de tradución
  • senón a dosificación a maiores ou restada á explotación > "non buscan a supresión do salario, senón a dosificación ou atenuación da explotación" era un problema da tradución
  • eses vascos choricas > é a tradución literal de "ces Basques pleurnichards, les Axelrod, les Dan, les Grigoriants et compagnie", texto contido na fonte orixinal
  • puchismo > golpismo, era un erro de tradución, xa está amañado.
Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de novembro de 2017 ás 17:00 (UTC)Responder

Citas editar

Copio aquí a sección de citas que había antes no artigo, a ver se alguén pode pasalas a Galicitas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2018 ás 02:02 (UTC)Responder

  • A cita máis coñecida de Rosa Luxemburg Freiheit ist immer nur Freiheit des anders Denkenden (A veces traducida como A liberdade é sempre a liberdade dos inconformistas.) é un extracto da seguinte pasaxe:
A liberdade só para os seguidores do goberno, só para os membros dun partido -independentemente do número de seguidores que teña- non é realmente liberdade. A liberdade é sempre a liberdade dos que pensan diferente. Non polo fanatismo da "xustiza", se non porque todo o que é instrutivo, saudable, e purificador na liberdade política depende desta característica esencial, e o seu efecto deixa de funcionar cando a "liberdade" se converte nun privilexio.[1]
  • Sen eleccións xerais, sen liberdade de prensa e asemblea, sen liberdade de opinión, a vida morre en cada institución pública, convértese nunha mera aparencia de vida, na que só permanece a burocracia como elemento activo.[2]
  • Para nós non hai programa mínimo nin máximo, o socialismo é un e a mesma cousa: isto é o mínimo do que temos que decatarnos hoxe.[3]
  • Hoxe afrontamos a elección exactamente igual que Friedrich Engels o anticipou hai unha xeración: ou o triunfo do imperialismo e o colapso de toda a civilización como na Antiga Roma, despoboamento, desolación, dexeneración - un gran cemiterio. Ou a vitoria do socialismo, que significa a loita activa consciente do proletariado internacional contra o imperialismo e o seu método de guerra.[4]
  • A maioría desas mulleres burguesas que actúan coma leoas na loita contra as "prerrogativas masculinas" trotarían como dóciles cordeiros no campo da reacción conservadora e clerical se tiveran o sufraxio.[5] (famosa crítica e observación de Luxemburg ó feminismo liberal)
  Feito! Banjo tell me 19 de xaneiro de 2018 ás 11:14 (UTC)Responder
Xenial! moitas grazas Banjo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2018 ás 13:00 (UTC)Responder

Referencias

  1. Die russische Revolution. Eine kritische Würdigung, Berlin 1920 S. 109; Rosa Luxemburg — Gesammelte Werke Band 4, S. 359, Anmerkung 3 Dietz Verlag Berlin (Ost), 1983; consultar c
  2. The Russian Revolution, Chapter 6, no Rosa Luxemburg Internet Archive
  3. Our Program and the Political Situation, no Rosa Luxemburg Internet Archive
  4. The Junius Pamphlet, capítulo 1, no Rosa Luxemburg Internet Archive
  5. "Women's Suffrage and Class Struggle"

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Rosa Luxemburg. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 14:14 (UTC)Responder

Volver á páxina "Rosa Luxemburg".