Conversa:Río Sarela, río Sar

Último comentário: hai 9 anos de Elisardojm no tópico Desembocadura

Desembocadura editar

Levo un rato tentando atopar outra referencia para a desembocadura, se é na parroquia de Laraño ou se é na de Vidán, e en que lugar, pero non a atopo. Eu polos mapas de división de parroquias, polo Sixpac e polo Googlemaps penso que está na parroquia de Vidán, tentarei atopar unha referencia para este dato. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2014 ás 10:04 (UTC)Responder

A GEG en DVD di exactamente:
SARELA: Afluente do río Sar que discorre polo concello coruñés de Santiago de Compostela, onde nace na parroquia da Peregrina e desauga na de Laraño.

--. HombreDHojalata.conversa 2 de xullo de 2014 ás 15:00 (UTC)Responder

Ese DVD pode dicir misa, a Ponte Vella pertence a Vidán, podedes consultar as entradas tanto de Vidán como de Laraño para comprobalo: Lugares da parroquia de Vidán no concello de Santiago de Compostela

A Cantaleta | O Chouciño | A Ponte Vella | A Rocha Nova | Vidán

Lugares da parroquia de Laraño no concello de Santiago de Compostela

A Amañecida | A Barcia | O Casal | Coira | A Igrexa | Lamas | Larañiño | Munín | Pardes | Pardiñas de Abaixo | Pardiñas de Arriba | Reibó | O Rial | Santomil

A desembocadura ben se ve en Google Maps: https://www.google.es/maps/place/42°51'59.5"N+8°34'27.8"W/@42.8665205,-8.574376,19z e apréciase perfectamente que está na Ponte Vella.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 77.27.102.248 (conversacontribucións) 21 de xullo de 2014 ás 21:57

Amañado, estiven onte polo río e vin o sitio exacto onde desemboca, un pouco antes da ponte do río, que se chama precisamente ponte Vella e da nome ó lugar. Engadín como referencia no artigo as coordenadas do Google maps. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 01:59 (UTC)Responder
Volver á páxina "Río Sarela, río Sar".