Conversa:Quelonioideos

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (xullo 2019)

Título inapropiado editar

Creo que o título deste artigo está equivocado. Na miña modesta opinión debería ser, ben Tartarugas mariñas, ben Queloniodeos. O nome Quelónidos, coa terminación -idos, propia dos nomes de familias animais, é unha mala adaptación do latín científico Cheloniidae (que debe adaptarse como queloníidos) que é —esta sí— una das dúas familias viventes da superfamilia dos quelonioideos ou Chelonioidea (a outra, é a dos dermoquélidos ou Dermochelydae). --XoioÉche o que hai 18:25, 28 de setembro de 2012 (UTC)

  • Concordo e discordo. A ver, asegurar que queloníidos e unha boa adaptación fronte a Quelónidos, mala adaptación, é unha opinión ligüística e etimolóxica na que non podemos entrar. A forma común (dentro do que cabe aquí falar de común) sería sempre Quelónidos e así nos vén no DRAG. Concordo, iso si, en que este nome só nos valería para a familia Cheloniidae (que é a que se define na entrada do DRAG), e non para a superfamilia, que é o que se describe no artigo, polo que este debería titularse, como di Xoio Tartarugas mariñas ou Queloniodeos(como título principal voto pola primeira opción). E así deixamos aberta a porta ó segundo artigo sobre a tartaruga de coiro (fam. Dermochelydae). Pedro --Lameiro (conversa) 18:38, 28 de setembro de 2012 (UTC)
    • Naturalmente que considerar quelónidos como adaptación inapropiada de Cheloniidae é unha opinión persoal, pero feita desde o punto de vista do respecto á ortofonía latina (como mandan as NOMIG, e por iso dicimos réptiles e ruminantes no canto de reptís e rumiantes). Porén, aínda que esta é unha páxina de conversa, na que caben as opinións, conocordo con Pedro en que talvez non sexa sitio adecuado para propoñela, e si, en cambio, a RAG, que nos sorprende (polo menos a min) con incongruencias, entre outras, como considerar, no seu dicionario, que anguílidos é unha familia de peixes da orde dos angüiliformes (será, se cadra, que anguílidos deriva de anguía, en vez de ser unha adaptación do latín científico Aguillidae e, en cambio, angüiliformes é unha adaptación de Anguilliformes?). Agora mesmo, vía suxestións na versión on line do dicionario da RAG, voulles facer chegar aos señores académicos numerarios (e aos seus asesores lexicográficos) a miña observación.
Á parte disto, espero que se corrixa o título deste artigo, e concordo que debería ser Tartarugas mariñas, coa correspondente ligazón de Quelonioideos a ela. --XoioÉche o que hai 20:21, 28 de setembro de 2012 (UTC)
  • Xa fixen unha nova páxina, Quelonioideos (Chelonioidea), polo que non é conveniente que Chelonioidea remita aquí. --XoioÉche o que hai 18:16, 30 de setembro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (marzo 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Quelonioideos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de marzo de 2019 ás 15:18 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (xullo 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Quelonioideos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 1 de xullo de 2019 ás 04:21 (UTC)Responder

Volver á páxina "Quelonioideos".