Conversa:Praias de Sanxenxo

Último comentário: hai 1 ano de Ogaiago no tópico A praia chámase Magor

A praia chámase Magor editar

Por favor, o que fixo esta páxina que rectifique o nome da praia de Magor. *Major é unha deturpación debida á gheada e non debería aparecer. A praia de Mogor de Marín ten a mesma etimoloxía e a ninguén se lle ocorre escribila como *Mojor. O Concello de Sanxenxo non é unha fonte fiable de toponimia como para poñer a súa web de referencia na wikipedia. Acabo de enviarlle un email a ese concello para esixirlle que rectifique o topónimo.--91.117.203.230 22 de outubro de 2019 ás 08:14 (UTC)Responder

O artigo da praia aínda non existe, pero cando se cree terá o nome de praia de Magor, nesta lista o único que se indica é que tamén ten ese nome, do xeito que sexa, e está en uso en moitas fontes en galego. A Galipedia tenta reflictir o que hai, guste ou non. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2019 ás 08:57 (UTC)Responder
Se ben existen fontes onde figura o forma deturpada "Major", esta non ten cabida nunha enciclopedia en galego. Tamén hai moitos sitios onde encontrar Arteijo ou Puebla de San Julián e non os usamos para avalar estas grafías. Sábese ben que a grafía "Major" reflicte unha pronuncia con gheada totalmente lexítima, pero que na escrita non se representa (de facerse, en galego sería co dígrafo <gh>, "Maghor"). Os nomes das praias de Sanxenxo na Galipedia deben estar en galego e é facilmente constatable que a letra <j> non existe no alfabeto galego moderno. Tampouco se pode alegar que Major sexa o nome oficial, pois as praias non teñen nome oficial. Simplemente está en circulación mais nada nos obriga a usar esta forma corrompida.--Ogaiago (conversa) 10 de novembro de 2022 ás 01:02 (UTC)Responder
Volver á páxina "Praias de Sanxenxo".