Conversa:Portomarín

Último comentário: hai 1 ano de Lameiro no tópico "Pons Minea"

"Pons Minea" editar

Di o artigo que "No Códice Calixtino aparece Portomarín denominado coma Pons Minea (ponte do Miño)". Eu teño dúas traducións do Calixtino e nas dúas cítase como Portomarín. Na "Guía Medieval do Peregrino", de Eduardo López Pereira, dise "O Miño, que pasa por Portomarín" (cap. VI, Ríos bos e malos), o mesmo que no "Códice calixtino", de Xosé López Díaz. Neste segundo texto tamén se fala de Portomarín no cap. III, nome das vilas do Camiño: "Despois está a vila de San Miguel, Barbadelo, Portomarín, Sala da Raíña, Palas de Rei...", pero na Guía de López Pereira indica en nota ó pé: "Pons Minee [sic], di o noso autor para referirse a Portomarín, xa coñecido con este nome ('in locum Portomarini') na documentación do século X". Portomarín volve aparecer no Libro I, citado así no libro de López Díaz: "Algún residente cómplice manda ao seu cliente desde a cidade de Santiago ata Portomarín, ao encontro dos peregrinos..." (cap. XVII). En ningún caso, López Díaz fai esa observación sobre o nome de "Pons Minee". Con isto quero dicir que cómpre engadir referencia para o nome de "Pons Minea" e cómpre confirmar se é "Minea" ou "Minee". Pedro --Lameiro (conversa) 16 de maio de 2022 ás 14:40 (UTC)Responder

Volver á páxina "Portomarín".