Conversa:Océano

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

Etimoloxía editar

Sei que é tocar unha cuestión espiñenta, pero dáme a impresión de que a outra vez non me expliquei convenientemente sobre a cuestión etimolóxica, e despois todo liouse demasiado como pra continuar debatendo. A miña opinión é que non deberían darse este tipo de informacións etimolóxicas na Galipedia porque:

  • É unha información que non achega valor significativo (non estás a explicar a súa relación cun mito grego, ou cunha diferencia que tiñan os gregos entre uns mares ou outros, ou algo da caste que nos poida axudar a entender un feito particular ou histórico sobre os océanos)
  • A información etimolóxica, tal como está presentada, é falsa: fálase do grego moderno? refírese ao grego clásico? de que época? Como se escribía nesa época? Interésanos como se escribía ou como se pronunciaba?
  • Esa palabra chegou ao galego dende o grego? Cando? Ou chegaría a través do latín? Ou chegaría a través do español? E creouse en grego ou xa viña de antes?

A información etimolóxica dunha palabra en principio inocente como esta, así presentada, é incerta e non está referenciada. A etimoloxía, ou achéganse estudos con fontes e referencias (e cito de novo a Coromines, p.ex., aínda que sexa unha fonte moi antiga e algo discutíbel), ou é unha curiosidade ao nivel dos horóscopos. E esta non está referenciada. Os contidos etimolóxicos, así presentados, son como a indicación de substantivo masculino singular, ou de que forma o plural engadindo un -s: contidos propios do wikicionario, non da Galipedia. --Xabier Cid 21:53, 1 setembro 2007 (UTC)

Tés razón, é unha cuestión espiñenta, e coido que es perfectamente consciente de que estamos no momento menos adecuado para abrir novas discusions por nimieces. Non o entendo, de verdade, hai millons de cuestions mais importantes que esta. A unica explicacion, de que é simplemente para provocar, non ma poido creer. Esta vez non caio. Xa pasei de seguir inflando o talk de esteiro para parar a discusion. Unha pena.. --Maañón 22:42, 1 setembro 2007 (UTC)

Se todas as discusións se levan ao tema persoal, se se intentan ver intereses máis alá de, evidentemente non é o momento. Pero se queremos que os artigos que están saíndo se fagan mellor, creo que o debate sobre se a información etimolóxica é pertinente ou non na Galipedia é necesario. Non estou falando de nada máis nin pretendendo nada máis. Boa noite. --Xabier Cid 22:50, 1 setembro 2007 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Océano. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 20:34 (UTC)Responder

Volver á páxina "Océano".